Batalla de Vilafranca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Vilafranca
Parte de Guerra da Independencia española
Data 17 de marzo de 1809
Lugar Vilafranca do Bierzo
Coordenadas Coordenadas: 42°36′27″N 6°48′27″O / 42.6075, -6.8075
Resultado Vitoria española
Belixerantes
Bandeira de guerra española (1785-1931)Reino de España Francia I Imperio francés
Líderes
Gabriel de Mendizábal
Forzas en combate
1.500
4 canóns
1.000
1 canón
Baixas
700 mortos
574 capturados
escasas
Campañas francesas en España durante a Guerra da Independencia.
Campañas francesas en España durante a Guerra da Independencia.

A batalla de Vilafranca tivo lugar o 17 de marzo de 1809 no decurso da ocupación francesa da actual provincia de León polos franceses na Guerra da Independencia española. Despois dun sanguento asedio de catro horas, unha guarnición francesa, illada en Vilafranca do Bierzo, rendeuse perante as milicias españolas do xeneral Gabriel de Mendizábal.

Contexto[editar | editar a fonte]

En 1809 as operacións do exército español no Noroeste estiveron marcadas por esforzos irregulares para expulsar os franceses das zonas que a invadiran, e logo do afundimento dese exército no discorrer do ano anterior. Os restos dos exércitos desfeitos polos ataques franceses, operando en colaboración coas guerrillas e a milicia, organizaran razias e escaramuzas, que de xeito ocasional permitían a captura de tropas ou equipos militares franceses.

Unha das formacións sobreviventes, a división regular de infantaría do xeneral marqués de La Romana, estabeleceuse en Asturias, fustrigando os franceses en León e Galiza. En marzo, elementos desa unidade, armados cun canón de 12 libras e con municións recobradas dun posto, abandonado polos napoleónicos, en Ponferrada, a pouca distancia de Vilafranca do Bierzo.

Desenvolvemento da batalla[editar | editar a fonte]

A vangarda de ataque estaba formada por uns 1.500 homes dos rexementos Zaragoza e Zamora, ás ordes de Mendizabal, cos que colaboraron milicianos e guerrilleiros, entre eles valdeorreses. O 17 de marzo entraron en Vilafranca e arrodearon aos franceses, que se fixeron fortes no castelo. Comezou daquela unha cruenta batalla, que levou a vida de varios oficiais españois, mais logo de catro horas de combate, os franceses decidiron renderse.