Bandeira de Minnesota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Minnesota
Bandeira de Minnesota
Características
Uso
Proporción2:3
Adopción1893 (1º deseño)
2 de agosto de 1983 (1º deseño modificado)
11 de maio de 2024 (2º deseño)
Cores     Azul      Turquesa

A bandeira de Minnesota é a bandeira estatal do estado dos Estados Unidos de Minnesota. A nova versión da bandeira, foi adoptada oficialmente o 11 de maio de 2024, logo de que a orixinal recibise cada vez máis críticas. Por unha banda había unha crítica á súa ilexibilidade,[1] e por outra banda amosaba unha visión negacionista do asentamento de colonos europeos que agochaba o violencia cometida contra os pobos indíxenas.[2][3] En 2023, a Lexislatura de Minnesota creou unha comisión para redeseñar a bandeira e o selo de Minnesota.[4] O 19 de decembro de 2023, a comisión seleccionou un deseño que substituíu a bandeira dende o 11 de maio de 2024.

O deseño orixinal da bandeira presentaba unha versión modificada do selo de Minnesota estampada nun campo azul[5] e foi adoptada en 1893, xusto antes da participación do estado unha exposición na feira Mundial de Chicago de 1893. Esa versión foi significativamente revisada en 1957 e recibiu unha actualización menor en 1983.[6]

Versión da primeira do estado de Minnesota entre 1983 e 2024, co selo centrado no medio do campo azul.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kaye, Ted. "2001 State/Provincial Flag Survey". North American Vexillological Association. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2015. 
  2. Harrington, Judith (2 de xullo de 2015). "As long as we're discussing flags, what about Minnesota's?". Star Tribune. Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2023. 
  3. Grindy, Mark (3 de xullo de 2020). "Racist state flags need to go — Minnesota's is next". Star Tribune. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2022. 
  4. "HF1830". Office of the Revisor of Statutes. 2023. 
  5. "1.141 Official State Flag". Office of the Revisor of Statutes. State of Minnesota. 2006. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 7 de outubro de 2007. 
  6. MN Territorial Pioneers, Inc. "Flag of the State of Minnesota". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2010. Consultado o 20 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]