Balduíno II de Xerusalén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBalduíno II de Xerusalén

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1060 Editar o valor em Wikidata
Rethel (Reino de Francia) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de agosto de 1131 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Xerusalén (Reino de Xerusalén) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSanto Sepulcro Editar o valor em Wikidata
Monarca Reino de Xerusalén
Rei de Xerusalén
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante , político Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Xerusalén (1118–1131)
Conde de Edesa (1100–1118) Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Rethel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMorfia de Melitene (1101–)
FillosMelisende de Jerusalém (pt) Traducir, Hodierna de Trípoli (pt) Traducir, Alice de Antioquia (pt) Traducir, Ioveta de Betânia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHugh I, Count of Rethel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Melisende of Crécy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMatilda, Countess of Rethel (en) Traducir, Gervais de Rethel (pt) Traducir e Hodierne of Rethel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Rethel-18

Balduíno II de Rethel, coñecido tamén como Balduíno II de Bourg, Balduíno II de Edesa e Balduíno II de Xerusalén, nado en 1060 en Francia, e finado en Xerusalén o 21 de agosto de 1131, foi o segundo conde de Edesa desde 1100 a 1118, e o segundo rei de Xerusalén desde 1118 até a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Liñaxe[editar | editar a fonte]

Balduíno era fillo de Hugo I de Rethel e da súa esposa Melisenda de Montlhéry. Tiña dous irmáns máis novos, Xervasio e Manases, e dúas irmás, Matilde e Hodierna. As fontes refírense a Balduíno como primo dos irmáns Eustaquio de Boulogne, Godofredo de Bouillon e Balduíno de Boulogne, pero a relación familiar exacta non se coñece. Algúns autores (en particular Steven Runciman na súa Historia das Cruzadas) citan unha ficticia Ida de Boulogne como avoa de Balduíno II para forzar a relación familiar, pero tal persoa nunca existiu.

Conde de Edesa[editar | editar a fonte]

Balduíno deixou á súa familia para seguir aos seus primos na Primeira Cruzada en 1096. Durante esta Cruzada, Balduíno de Boulogne converteuse en conde de Edesa, sucedendo ao seu curmán Balduíno I cando este entrou ao servizo de Bohemundo I de Antioquía, príncipe de Antioquía en 1100, cando Balduíno I Boulogne foi elixido rei de Xerusalén á morte do seu irmán Godofredo, e Balduíno de Bourcq pasou a ser conde de Edesa no seu lugar. Como conde, en 1101 casou con Morfia de Melitene, filla do príncipe armenio Gabriel de Melitene. Tamén axudou a rescatar a Bohemundo cando foi apresado polos danisméndidas (liñaxe turcomán que dominou a Anatolia oriental entre os séculos XI e XII), pois prefería a Bohemundo ao sobriño deste, Tancredo, que era entón o rexente.

En 1102 Balduíno e Tancredo axudaron ao rei Balduíno I contra os exipcios en Ascalón. En 1104 os turcos selxúcidas invadiron Edesa e, co apoio de Antioquía, o conde Balduíno loitou contra eles na batalla de Harran. Esta batalla foi desastrosa, e o conde Balduíno foi feito prisioneiro; Tancredo pasou a ser rexente de Edesa na súa ausencia. Tancredo e Bohemundo prefiriron pagar os rescates polos seus propios prisioneiros aos selxúcidas que acordar un intercambio por Balduíno, polo que o conde estivo prisioneiro en Mosul até 1108, cando foi rescatado por 60 000 dinares por Xoscelino de Courtenay. Tancredo negouse a devolverlle Edesa, pero co apoio dos armenios, os bizantinos e incluso dos selxúcidas, Tancredo vise obrigado a retirarse. En 1109, tras reconciliarse con Tancredo, os dous participaron no asedio de Tripoli.

Rei de Xerusalén[editar | editar a fonte]

Sucesión[editar | editar a fonte]

En apoio a Balduíno durante o ataque a Damasco estaba tamén o seu novo xenro Fulco V de Anjou. Balduíno tivera catro fillas con Morfia: Melisenda, Alicia, Hodierna e Ioveta.

En 1129 Balduíno designou a Melisenda como a súa herdeira, e acordou seu matrimonio con Fulco. Alicia e Hodierna tamén casaron con importantes príncipes, Bohemundo II de Antioquía e Raimundo II de Trípoli, respectivamente. En 1131 Balduíno enfermou, morrendo o 21 de agosto. Foi enterrado na Igrexa do Santo Sepulcro.

Guillerme de Tiro describe a Balduíno como "un home devoto e temeroso de Deus, notábel pola súa lealdade e pola súa grande experiencia en asuntos militares", e di que o seu sobrenome era "o Espiñoso" (cognominatus est Aculeus). Ibn al-Qalanisi, que se refire a el como "Balduíno o Menor" (Baghdawin al-ru'aiuis) para distinguilo de Balduíno I, sinala que "non había outro entre eles que tivese un xuíz tan sagaz e tal capacidade de goberno". Melisenda, herdeira por dereito do reino, sucedeu ao seu pai xunto con Fulco como seu consorte. Os novos reis foron coroados o 14 de setembro de 1131.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guillerme de Tiro, A History of Deeds Done Beyond the Sea, trad. por E. A. Babcock e A. C. Krey, Nova York, Columbia University Press, 1943.
  • Hans E. Mayer, Historia de las cruzadas, Madrid, Istmo, 2001.
  • Alan V. Murray, The Crusader Kingdom of Jerusalem: A Dynastic History 1099-1125, Prosopographia & Genealogía, 2000.
  • Steven Runciman, Historia de las Cruzadas, II: El reino de Jerusalén, Madrid, Alianza, 1978.
  • Ferdinandi, Sergio (2017): La Contea Franca di Edessa. Fondazione e Profilo Storico del Primo Principato Crociato nel Levante (1098-1150). Roma: Pontificia Università Antonianum. ISBN 978-88-7257-103-3.
Predecesor:
Balduíno I

Conde de Edesa

1100 - 1118
Sucesor:
Xoscelino I
Predecesor:
Balduíno I

Rei de Xerusalén

1118 - 1131
Sucesor:
Melisenda e Fulco