Bacterioplancto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bacterioplancto son as comunidades bacterianas do plancto[1] e que se moven na columnas de augas doces ou salgadas.

O bacterioplancto ocupa un amplo rango de nichos ecolóxicos nos sistemas acuáticos. Moitos son saprófitos e obteñen a enerxía consumindo materia orgánica disolta, que fora producida por outros animais[1]. Poden consumir o material orgánico disolto por estar este disolto e polo tanto accesible ou por se asociar poder asociar a ese material particulado, como é no caso da neve mariña[1]. Moitas outras especies de baterioplancto son autotróficas, ben fotosintétizadoras ou quimiosintetizadoras. Este último grupo adóitase clasificar como picofitoplancto, por seren de entre 0.2 e 2 μm de tamaño celular. O picofitoplancto inclúe grupos como os Prochlorococcus e Synechococcus.

O baterioplancto xoga papeis importantes nas rutas ecolóxicas de fixación de nitróxeno, a nitrificación e a desnitrificación, a remineralización e metanoxénese.

Como moito plancto de pequeno tamaño, o bacterioplancto é depredado polo zooplancto, de xeito corrente protozoos, e o tamaño de poboación das comunidades pola infección de bacteriofagos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Colin Munn. Marine Microbiology. Ecology & Applications. Segunda Ed. 2011. Garland Pub. ISBN 0815365179

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]