Bárcena de Cicero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBárcena de Cicero
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°25′30″N 3°31′16″O / 43.425, -3.5211111111111Coordenadas: 43°25′30″N 3°31′16″O / 43.425, -3.5211111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor em Wikidata
CapitalGama Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.653 (2023) Editar o valor em Wikidata (127,03 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie36,63 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude10 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1834 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataGumersindo Ranero Lavin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39790 e 39791 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE39009 Editar o valor em Wikidata

Páxina webbarcenadecicero.org Editar o valor em Wikidata

Bárcena de Cicero é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, localizado na comarca de Trasmiera e pertencente ao Partido Xudicial de Santoña. Está limitado por Escalante, Laredo, Colindres, Voto, Solórzano, Hazas de Cesto e a Baía de Santoña formada pola desembocadura do río Asón, situado na ribeira esquerda deste río. É atravesado pola N-634, a Autovía A-8 e o ferrocarril FEVE Santander-Bilbao.

O municipio está composto por varias localidades, entre os cales se encontra Gama, que é a capital.

Localidades[editar | editar a fonte]

Oo termo municipal abrangue unha serie de localidades que á súa vez comprenden os chamados barrios. Estas son:

  • Adal, cos barrios de Coz de Monte, La Maza, Primosto e La Sierra.
  • Ambrosero, cos barrios de Casuso, La Escallada, Estián, La Iglesia, Madama, Pendón e San Andrés.
  • Bárcena de Cicero, Bárcena de Cicero, cos barrios de La Bodega, Cornocío, El Cristo, La Cuesta, La Iglesia, Lamadrid, El Manzanal, Palacio e Tuebre.
  • Cicero, cos barrios de El Bao, El Pomar, Carnerizas, La Ermita, La Fragua, Mazuecas, Paderne, Pomares, Rivaplumo, Rueda, San Pelayo, Sollagua e La Vía.
  • Gama, capital do municipio, coas
  • Moncalián, cos barrios de El Pico e La Tejera.
  • Treto, que ten o barrio de La Peña.
  • Vidular.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros documentos que se coñecen sobre este municipio son de 1082 e fan alusión á entrega ao Mosteiro de Puerto de Santoña dun quiñón en "Cesereo" (Cicero) e Kolindres (Colindres). Dous anos máis tarde unha dama chamada Teresa doou ao mesmo mosteiro as súas casas en Cicero e o que a elas pertencía, ademais doutras propiedades que tiña noutros sitios.

En 1136, Afonso VII de León concedeulle franquía á vila de Ambrosero e Afonso VIII de Castela en 1165 cedeulla a Santa María de Puerto. A igrexa de Santo Estevo e o núcleo de poboación que se desenvolveu ao seu redor (Moncalián) pasaron en 1254 a dominio do mosteiro de Santoña. Tamén, Bárcena de Cicero, antes de ser territorio de reguengo, estivo vinculado ao réxime solariego[1] da casa de Agüero.[2]

O concello actual está composto por algúns dos concellos que pertenceron á antiga Junta de Cesto (que á súa vez foi unha das Xuntas do Meiriñado de Trasmiera. Estes concellos foron ao principio de señoríos eclesiásticos e máis tarde foron de reguengo. Cos Reis Católicos, os Concellos integráronse no Corrixidoría das Catro Vilas da Costa, herdeiro da Irmandade do mesmo nome; as xuntas celebrábanse en Bárcena de Cicero (localidade) ou nos lugares que pertencían á corrixidoría, sempre de forma rotatoria. Este foi un feito de grande importancia que aparece recollido no escudo de armas do municipio, que mostra catro estrelas representantes das Vilas: San Vicente, Santander, Laredo e Castro Urdiales. As ondas mariñas que se ven no escudo simbolizan o carácter mariñeiro deste municipio.

En 1822 formouse o Ayuntamiento de Cicero, que en 1835 tomou o nome de Bárcena de Cicero.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Palacio de Rugama coa igrexa do Carme.

Todo o municipio é expoñente de arquitectura nobiliaria e fidalga de Cantabria. O conxunto urbano repartido entre os seus barrios é tamén mostra da arquitectura popular.

Cinco son os bens de interese cultural, con categoría de monumento, deste municipio:

  • Palacio e Capela de Rugama (casona de “El Carmen”), en Bárcena de Cicero, Bárcena de Cicero, cerca de Gama.[3] Trátase dun palacio levantado para Lorenzo de Rugama a mediados do século XVIII, composto por unha casa-torre e unha capela-panteón dedicada á Virxe do Carme.
  • Casarío de José de Mazarredo, (casona do marqués de mazarredo), en Gama. Consiste nunha enorme casa de pedra de area cun monumental escudo do apelido mazarredo, levantada a finais do século XVI.
  • Palacio de La Colina, que fora do mariño Juan Antonio de la Colina Rasines e que mantivo moitos anos o nome da familia de Colina y Llamosa, até pasar para mans da familia Portilla, actuais propietarios do sitio.
  • Portalada do Barrio do Cristo, na localidade de Bárcena de Cicero.
  • Palacio de Cerecedo, en Adal, Treto.

Ademais, son bens inventariados o palacio de Arredondo, que está moi cerca do Palacio de Rugama e a casa barroca no cruceiro do barrio de Gama, patrucial da familia Llamosa. A casa Indiana de Manuel y Francisco de la Llamosa, hoxe casa do concello, así como o antigo campo da feira que se atopa en terras doadas para o seu propio pobo por Francisco de la Llamosa y Fernández.

Economía[editar | editar a fonte]

Desde antigo, a economía deste municipio baseouse na agricultura e gandaría, así como a pesca e a caza.

En tempos modernos instalouse a fábrica FEMSA, polo que os artesáns abandonaron o seu oficio tradicional para traballar nesta industria e nos seus talleres. Tamén se fixo a construción do Polígono Industrial de Ambrosero. Outros postos de traballo creáronse en empresas de servizos.

Un 13,5 % da poboación do municipio emprégase no sector primario, un 14,4 % na construción, un 27,7 na industria e un 44,4 % no sector terciario. A taxa de actividade é do 54,7 % e a taxa de paro é do 11,7 %, cando a media en Cantabria está en 52,5 % e 14,2 % respectivamente.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980 1990 2000 2007
2.040 2.138 2.423 2.569 2.799 3.058 2.787 2.698 2.417 2.334 2.334 3.407

Fonte: INE

Administración[editar | editar a fonte]

Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003 e 2007.

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003
Partido Votos % Concelleiros
PP 792 42,83 % 5
PSOE 553 23,69 % 3
PRC 438 29,91 % 3
  • Alcalde electo: Flavio Veci Rueda (PP).
Eleccións municipais, 27 de maio de 2007
Partido Votos % Concelleiros
PP 835 38,62 % 5
PRC 615 28,45 % 3
PSOE 529 24,47 % 3
  • Alcalde electo: Gumersindo Ranero Lavín (PRC).

Escola[editar | editar a fonte]

Arredor de 150 escolares acoden ao centro público de Educación Infantil e Primaria chamado Flavio San Román (en Cicero, barrio de La Ermita).[4]

Biblioteca[editar | editar a fonte]

Existe unha biblioteca pública co nome de Baldomero Fernández Moreno, poeta arxentino de pais cántabros que pasou algúns anos da súa infancia neste municipio, que recorda en La patria desconocida e Aldea española.

Festas[editar | editar a fonte]

  • En Gama é importante a festividade do Corpus Christi.
  • Na ermida situada no barrio de La Vía (de Cicero) celebran o San Antonio o 13 de xuño.
  • En Bárcena de Cicero, celébrase o 29 de xuño o San Pedro, ademais da Nosa Señora de Gracia o 8 de setembro e o San Pelaio o 26 de xuño.[5]
  • En Ambrosero, a Santa Ana o 26 de xullo.
  • En Moncalián, o Santo Estevo o 3 de agosto.
  • En Adal-Treto, o San Cipriano o 16 de setembro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Foi en principio un réxime moi duro para a xente, de case escravitude. No Foro Vello de Castela ((Lei 1ª, Tít. VII, Lib. I)), descríbese: Esto es fuero de Castiella que a todo solariego puede tomarle el señor el cuerpo e todo cuanto en el mundo ovier .
  2. Libro de las Merindades de Castilla, 1351.
  3. Nalgúns manuais ou libros de turismo dise que pertence a Gama. No diccionario de Cantabria citado na bibliografía sitúao na localidade de Bárcena de Cicero.
  4. Flavio San Román foi un pintor que naceu o 27 de outubro de 1889 no barrio de Paderne, do pobo de Cicero.
  5. Nesta localidade son famosos os bailes con arcos floridos e varas e a actuación do zorromoco, un personaxe tradicional encargado de espantar á chiquillería e de molestar aos danzantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pedro Arce Díez. Diccionario de Cantabria. Geográfico, histórico, artístico, estadístico y turístico. Editorial Estudio, Santander 2006. ISBN 84-95742-55-1
  • Linares Argüelles, Mariano; Pindado Uslé, Jesús; Aedo Pérez, Carlos. Gran enciclopedia de Cantabria. Editorial Cantabria. 1985. ISBN 84-86420-00-8 (Obra completa). ISBN 84-86420-08-3 (Tomo VIII).