Arturo Obegero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1993 (30/31 anos) Tapia de Casarego, España |
Actividade | |
Ocupación | deseñador de moda |
Arturo Obegero, nado en Tapia de Casarego en 1993, é un xastre e deseñador de moda asturiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado de pai surfeiro e nai enfermeira, graduouse en moda na escola superior Goymar, da Coruña, mentres traballaba en Inditex[1]. Proseguiu os seus estudos na facultade Central Saint Martins da Universidade das Artes de Londres. Comezou a traballar como deseñador na casa de alta costura Lanvin, en París e ao pouco presentou marca de seu, co seu mesmo nome: Arturo Obegero.
En 2021 presentou colección de seu na Semana da moda de París, e repetiu tamén en 2022. Nese ano, roupa súa foi a escollida polo cantante Harry Styles para levar no videoclip do seu tema 'As It Was'[2].
Recoñece en Cristóbal Balenciaga o seu modelo a imitar[3]. Tamén atopa influencias en Yves Saint Laurent, Helmut Lang, Jean Paul Gaultier, Martin Margiela, Alaïa, Alexander McQueen[4] e Rick Owens[5].
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Vive en Montreuil, nos arrabaldes de París[2].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fano, Ramón (2021-02-01). "Arturo Obegero, joven diseñador español de moda que presenta en París". Neo2 Magazine (en castelán). Consultado o 2023-01-11.
- ↑ 2,0 2,1 Aguirre, María (2022-04-09). "Quién es Arturo Obegero, el diseñador asturiano detrás de los últimos looks de Harry Styles". vanitatis.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-01-11.
- ↑ D. Valderrama, María (2020-02-21). "El asturiano Arturo Obegero, toda una promesa para la Semana de la Moda de París". El Comercio (en castelán). Consultado o 2023-01-11.
- ↑ Parga, Mónica (2018-08-20). "Un joven asturiano de 24 años entra en el equipo de Lanvin". Vanity Fair (en castelán). Consultado o 2023-01-11.
- ↑ Moreno, Patricia (2020-03-06). "Arturo Obegero, el diseñador asturiano que ha conseguido que en la escena de la moda parisina se hable de Antonio Gades y Manuel de Falla". Vogue España (en castelán). Consultado o 2023-01-11.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Conta de instagram de Arturo Obegero
- Web da súa marca persoal