Antwerp Giants
Telenet Giants Antwerp | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BNXT League |
Alcume | Giants |
Fundación | 1995 |
Historia | Racing Antwerpen (1995–2006) |
Cores | Vermello, branco, amarelo |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Lotto Arena |
Capacidade | 5 218 |
Inauguración | 10 de marzo de 2007 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2000) |
Copa | 4 (2000, 2007, 2019, 2020) |
Supercopa | 2 (2007, 2016) |
antwerpgiants.be |
O Antwerp Giants, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Telenet Giants Antwerp, é un club profesional de baloncesto belga con sede na cidade de Antuerpen (Antuerpen , Flandres). Actualmente xoga na BNXT League, a máxima categoría do baloncesto de Bélxica e os Países Baixos. O equipo foi fundado 1995 a raíz da fusión de dous dos equipos máis exitosos do baloncesto do país: o Sobabee ou Antwerpse B.C., equipo con oito títulos de Liga (1956, 1959, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1973), e o Racing Mechelen, con quince (1965, 1966, 1967, 1969, 1974, 1975, 1976, 1980, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994). Actualmente disputa os seus partidos como local no Lotto Arena, pavillón con capacidade para 5 218 espectadores.
Historia[editar | editar a fonte]
En 1995 os dous equipos máis laureados do baloncesto belga, o Sobabee de Antuerpen e o Racing de Mechelen, fusionáronse para fundar o Racing Basket Antwerpen. O club fixo o seu debut na máxima categoría, na temporada 1998−99. Até o ano 2001 o equipo acabou sempre entre os tres primeiros postos. Destaca a temporada 1999−00, onde o equipo co nome de Telindus Antwerpen consegue gañar a Copa e o campionado de Liga, este último após vencer ao Oostende por 3−1 nas Finais. O equipo sufriu un revés despois de gañar o campionato e terminou nos postos sexto, sétimo e oitavo durante as seguintes cinco temporadas. No ano 2006 o club muda o seu nome a Antwerp Giants. Ao ano seguinte, en 2007, o equipo gaña o seu terceiro trofeo ao gañar a Copa por segunda vez. O Antwerp Giants posúe o récord de asistencia a un partido de baloncesto en Bélxica despois de xuntar 17.135 espectadores o 31 de xaneiro de 2015, nun xogo que os enfrontaba ao Spirou Charleroi no Sportpaleis.[1] En xuño de 2017 o club anuncia un novo acordo de patrocinio coa compañía Telenet.[2]
Nomes[editar | editar a fonte]
Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Racing Basket Antwerpen (1996–1999)
- Telindus Racing Antwerpen (1999–2004)
- Daewoo Racing Antwerpen (2005–2006)
- Antwerp Giants Sanex (2006–2008)
- Antwerp Diamond Giants (2008–2011)
- Port of Antwerp Giants (2011–2017)
- Telenet Giants Antwerp (2017–presente)
Ano a ano[editar | editar a fonte]
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010–11 | 1 | PBL | 5º | Semifinais | 3 EuroChallenge | |||
2011–12 | 1 | PBL | 3º | Subcampión | 3 EuroChallenge | |||
2012–13 | 1 | PBL | 5º | Oitavos de final | 3 EuroChallenge | |||
2013–14 | 1 | PBL | 4º | Subcampión | 3 EuroChallenge | |||
2014–15 | 1 | PBL | 6º | Semifinais | 3 EuroChallenge | |||
2015–16 | 1 | PBL | 5º | Subcampión | 3 FIBA Europe Cup | |||
2016–17 | 1 | PBL | 3º | Cuartos de final | 4 FIBA Europe Cup | |||
2017–18 | 1 | PBL | 2º | Cuartos de final | 3 Champions League | |||
4 FIBA Europe Cup | ||||||||
2018–19 | 1 | PBL | 2º | 35–9 | Campión | 3 Champions League | 3º | 15–9 |
2019–20 | 1 | PBL | 3º | 11–6 | Campión | 3 Champions League | LR | 4–10 |
2020–21 | 1 | PBL | 3º | 20–11 | Cuartos de final | 2 EuroCup | LR | 1–9 |
2021–22 | 1 | BNXT | 6º | 17–11 | Cuartos de final | 4 FIBA Europe Cup | R2 | 5–7 |
Títulos[editar | editar a fonte]
Liga de Bélxica
- Campión (1): 2000
- Subcampión (1): 2018, 2019
Copa de Bélxica
- Campión (4): 2000, 2007, 2019, 2020
- Subcampión (3): 2012, 2014, 2016
Supercopa de Bélxica
- Campión (2): 2007, 2016
- Subcampión (2): 2000, 2014
Xogadores[editar | editar a fonte]
Destacados[editar | editar a fonte]
Christophe Beghin
Sebastien Bellin
Thomas de Thaey
Maxime De Zeeuw
Dennis Donkor
Yannick Driesen
Ron Ellis
Domien Loubry
Ralph Biggs
Jordan Callahan
Thomas Gardner
Ian Hanavan
Otis Hill
Tyler Kalinoski
Jason Love
Brian Lynch
Len Matela
LaMarcus Reed
Barry Stewart
Shaun Stonerook
Scott Thomas
Gregg Thondique
Frank Turner
Clayton Vette
Michael Roll
Ryan Sears
Ayinde Ubaka
Julian Vaughn
Peter Lorant
Gur Shelef
Mladen Sekularac
Nick Oudendag
Milos Babic
Marko Špica
Salah Mejri
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Antwerp Giants vestigt nieuw toeschouwersrecord maar verliest". Gazet van Antwerpen (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 4 de maio de 2016.
- ↑ Ceulemans, Patrick (6 de xuño de 2017). "Telenet komende drie jaar hoofdsponsor van Antwerp Giants". Gazet van Antwerpen (en neerlandés).