Antonios-Grigorios Voutsinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonios-Grigorios Voutsinos
Biografía
Nacemento8 de maio de 1891 Editar o valor em Wikidata
Galissas, Grecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Grecia Editar o valor em Wikidata
Arcebispo titular
6 de xullo de 1952 –
Diocese: Aprus (en) Traducir
Roman Catholic Archbishop of Corfu, Zakynthos and Cephalonia (en) Traducir
29 de maio de 1947 – 6 de xullo de 1952
Arcebispo católico
25 de xullo de 1937 – 29 de maio de 1947
← Leonard Brindisi (en) TraducirGeorges Xenopulos (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Roman Catholic Diocese of Syros and Milos (en) Traducir

Roman Catholic Bishop of Syros and Milos (en) Traducir
9 de xuño de 1937 –
← Antonio Macrioniti (en) TraducirGeorges Xenopulos (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1937–), sacerdote católico (1918–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaCongregação dos Agostinianos da Assunção (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónXoán XXIII Editar o valor em Wikidata

Antonios-Grigorios Voutsinos,[1] A.A. (en grego: Αντώνιος-Γρηγόριος Βουτσίνος), nado en Galissas (Siros) o 8 de maio de 1891 e finado o 23 de abril de 1968, foi un relixioso católico latino grego, bispo de Siros e posteriormente arcebispo de Corfú, Zante e Cefalonia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 8 de maio de 1891 en Galissas, na illa de Siros, no Reino de Grecia.[2] Ingresou nos Agostiños da Asunción, e o 11 de maio de 1918 foi ordenado sacerdote.[2]

O 9 de xuño de 1937 foi nomeado bispo de Siros.[2] Recibiu a ordenación episcopal o 25 de xullo do mesmo ano, de mans do delegado apostólico en Grecia, Angelo Roncalli (futuro papa Xoán XXIII), e tivo como co-consagradores ao arcebispo de Naxos, Andros, Tinos e Míconos Alessandro Guidati e ao arcebispo de Istambul Paul Kiredjian.[2][3]

O 29 de maio de 1947 foi nomeado arcebispo de Corfú, Zante e Cefalonia.[2] Permaneceu no cargo até a súa renuncia o 6 de xullo de 1952, sendo nomeado entón arcebispo titular de Aprus;[2] pasou entón a residir en Francia, realizando diferentes encargos. Participou no Concilio Vaticano Segundo. Finou en París o 23 de abril de 1968.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Citado tamén en italiano como Antonio Gregorio Vuccino.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Annuario Pontificio. 1968. p. 536. 
  3. Xoán XXIII (1970). Pope John XXIII, Letters to His Family [1901-1962]. McGraw-Hill. p. 303. ISBN 9780007058167.