Antonio Taboada Nieto
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1869 Pontevedra, España |
Morte | 22 de marzo de 1943 (73/74 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Antonio Taboada Nieto, nado en Pontevedra en 1869 e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 1943[1], foi un músico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Quedou cego moi novo. Estudou piano, frauta, harmonía e composición. Dirixiu grupos orquestrais de música clásica e foi mestre de capela. Colaborou co doutor Mascaró creando un sistema mixto de escritura para cegos e videntes. Como compositor é autor da zarzuela Los hijos de Minerva e outras obras en diversos xéneros musicais.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
A Deputación de Pontevedra creou en 1943 o premio Antonio Taboada Nieto para ampliación de estudos de piano[2].
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Francisca Tabanera Alén, finada en 1937[3], e foi pai de Antonio, Jesús (militar), Prudencio (comercial e membro da Asambreia de Mocedades Nacionalistas), Isidro (militar)[4] e Francisca Taboada Tabanera (n. 1914).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pontevedra y Vigo". El Ideal Gallego. 24 de marzo de 1943. p. 5.
- ↑ "Pontevedra". El Correo Gallego. 9 de abril de 1943. p. 3.
- ↑ "Cabodano". El Diario de Pontevedra. 23 de novembro de 1938. p. 2.
- ↑ Álvarez Castro, X. (10 de xaneiro de 2014). "A morte do home que tocaba o bombardino". Pontevedra nos anos do medo.