Antonio García Conde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 Breixa, España |
Morte | 20 de agosto de 1966 (76/77 anos) Breixa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | medievalista |
Lingua | Lingua castelá |
Antonio García Conde, nado en Breixa (Silleda) en 1889 e finado na mesma parroquia o 20 de agosto de 1966,[1] foi un cóengo, arquiveiro e medievalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realizou os seus estudos no seminario de Lugo. Nesta cidade foi cóengo e arquiveiro no arquivo da diocese lucense. Compaxinou o seu traballo no arquivo con estudos sobre o medievo. En 1966 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega.
Obras[editar | editar a fonte]
- Episcopologio Lucense.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Progreso, 21-8-1966, p. 1.