Antonio Abril
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1957 (66 anos) Viveiro, |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Conselleiro-Secretario Xeral de Inditex |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Antonio Abril Abadín, nado en Viveiro o 12 de decembro de 1957, é un avogado galego, membro do consello e secretario xeral do grupo téxtil Inditex.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pasou a mocidade na súa vila natal, e estudou Dereito na Universidade de Oviedo. En 1984 incorporouse como funcionario por oposición ao Corpo de Avogados do Estado, traballando en Lugo e na Coruña.[2]
No ano 1989 incorporouse ao departamento xurídico de Inditex, e en 2002 pasou a ser conselleiro-secretario xeral do grupo. Tamén é membro do consello de administración do Banco Gallego e presidente de consello social da Universidade da Coruña, e tamén das universidades españolas.
En 2011 foi pregoeiro da Semana Santa de Viveiro[3], festa declarada de Interese Turístico Nacional.
Neto do filántropo indiano Vicente Abadín,[4] benefactor da escola de Vieiro e a traída de augas de Viveiro.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Abril Abadin, Antonio Brief Biography - Reuters
- ↑ "Resolución de 15 de junio de 2009, de la Abogacía General del Estado-Dirección General del Servicio Jurídico del Estado, por la que se aprueba la relación circunstanciada de funcionarios del Cuerpo de Abogados del Estado, referida al 31 de mayo de 2009." (PDF). Arquivado dende [ttps://www.boe.es/boe/dias/2009/07/08/pdfs/BOE-A-2009-11247.pdf o orixinal] (PDF) o 01 de outubro de 2020. Consultado o 06 de marzo de 2019.
- ↑ Nota de prensa. "Deputación e Concello potencian a Semana Santa de Viveiro, que pregoará Antonio Abril". www.cronica3.com. Consultado o 2017-04-04.
- ↑ "Vicente Abadín, comerciante de éxito en Cuba, generoso filántropo en Viveiro". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-08-20. Consultado o 2022-01-19.