Andrés Toxeiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega |
Andrés Tojeiro Fraguela, nado na Coruña en 1960, máis coñecido como Andrés Toxeiro, é un escritor e articulista sobre temas de caza e natureza. É autor de varios libros e distintos traballos de divulgación publicados en revistas nacionais. Traballou para a Xunta de Galicia como experto educativo na reforma do ensino medio, e na actualidade exerce de profesor nun instituto coruñés.
Publicacións[editar | editar a fonte]
- A caza do xabarín en Galicia (Ir Indo, 1995).[1]
- Memorias de Viriato (Ir Indo, 2001).
- Pichi Pedramea (Imprenta Cedeira, 2005).
- Deixade pois que voe o paporroibo, que vos conte contos (Editorial O Paporroibo, 2001, coautor).
- Exemplificacións didácticas, de Ramón López Facal (1991, Consellería de Educación, coautor).
Amais, escribiu diversos artigos publicados na revista Perros de caza e noutras de caza e natureza,[2] e colaborou en varios libros de texto.
Premios[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Imaxe da portada
- ↑ Como: Trofeo nº 277, Caza e pesca galega nº 34 e Federcaza nº 279.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Blog de David Taboada CambaArquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. 20/10/2016.
- Club de caza. Entrevistas de Eliseo López Díaz.