Anastasia de Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSua Alteza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Anastasia de Montenegro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de decembro de 1867 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Cetinje Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Antibes, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt. Michael the Archangel Church (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePrincipado de Montenegro Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónSmolny Institute for Noble Maidens (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaAntigo eslavo oriental Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Beauharnais (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeNicolau Nikolaevich (1907–1929)
Jorge Maximilianovich de Leuchtenberg (1889–1906 (Xuliano))
FillosSérgio Georgievich, 8.º Duque de Leuchtenberg (pt) Traducir
 () Jorge Maximilianovich de Leuchtenberg (pt) Traducir
Helena Georgievna de Leuchtenberg (pt) Traducir
 () Jorge Maximilianovich de Leuchtenberg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisNicolao I de Montenegro Editar o valor em Wikidata  e Milena Vukotić (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsZorka de Montenegro (pt) Traducir, Militza de Montenegro, Princess Marica of Montenegro (en) Traducir, Daniel de Montenegro (pt) Traducir, Helene Helene von Savoyen, Ana de Montenegro (pt) Traducir, Princess Sofia of Montenegro (en) Traducir, Mirko de Montenegro (pt) Traducir, Xenia de Montenegro (pt) Traducir, Princess Vjera of Montenegro (en) Traducir e Pedro de Montenegro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Petrovic-Njegos-2

Anastasia Petrović-Njegoš, tamén coñecida como Anastasia de Montenegro, nada en Cetinje, Montenegro, o 4 de xuño de 1868 e finada en Antibes, Francia, o 25 de novembro de 1935, foi unha princesa montenegrina da Casa de Petrović-Njegoš

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anastasia naceu en Cetinje en 1868, como a filla do príncipe soberano de Montenegro, Nicolao I, e Milena Vukotić. En 1910 o seu pai converteuse no primeiro e único rei de Montenegro e ela tomou o título de SAR a princesa Stana Petrović-Njegoš de Montenegro.

Anastasia foi enviada coa súa irmá máis vella, Militza, ao Instituto Smolny en San Petersburgo.

Primeiro matrimonio[editar | editar a fonte]

O 28 de agosto de 1889, no palacio Peterhof, casou co príncipe Xurxo Maximilianovich de Leuchtenberg, membro dunha casa francesa establecida en Rusia e vinculada coa Familia Imperial. Xurxo, quen despois da morte do seu pai converteuse en 6.º Duque de Leuchtenberg, era viúvo e tiña un fillo. A parella tivo dous fillos antes de divorciarse en San Petersburgo o 15 de novembro de 1906.[1]

  1. Serxio Gueorguievich, 8.º duque de Leuchtenberg (1890-1974).
  2. Princesa Helena Gueorguievna Romanovskaia (1892-1971).

Segundo matrimonio[editar | editar a fonte]

O 29 de abril de 1907, á idade de 39 anos, Anastasia casou co Gran Duque Nicolao Nikolaevich (1856-1929). O matrimonio non tivo fillos. Os seus dous maridos eran netos do tsar Nicolao I de Rusia (1796-1855): o primeiro a través dunha liña mixta, e o segundo a través dunha liña masculina directa.

Ao casar converteuse en concuñada da súa irmá Militza, quen estaba casada co Gran Duque Pedro Nikolaevich de Rusia.

Tanto Anastasia, como o seu segundo marido Nicolao eran cristiáns ortodoxos profundamente relixiosos, cunha tendencia ao misticismo. Dado que os montenegrinos eran ferozmente eslavos, xente anti-turcos dos Balcáns, Anastasia reforzou as tendencias ao paneslavismo de Nicolao.

Anastasia e a súa irmá estaban intrigadas polo lado máis místico da relixión ortodoxa oriental, foron as primeiras en apoiar o vidente francés "Dr." Philippe Vachot e a Grigori Rasputín, e presentárono á súa vez á emperatriz Alexandra Feodorovna Romanova, a última tsarina de Rusia.[2][3] 

Últimos anos[editar | editar a fonte]

En marzo de 1917, o último tsar foi derrocado e a familia Romanov foi apartada do poder polos bolxeviques. Anastasia e o seu marido viviron desde 1917 até 1919, primeiro no Cáucaso, a continuación, na península de Crimea. De Ialta en Crimea, Anastasia e o seu marido fuxiron de Rusia en 1919 a bordo dun buque de guerra británico HMS Marlborough. Asentáronse brevemente en Italia, vivindo coa súa irmá Helena, raíña de Italia e máis tarde en Francia, pasando os invernos na Riviera. Morreu en Cap d'Antibes o 15 de novembro de 1935, despois de sobrevivir ao seu marido por seis anos.

Devanceiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lundy, Darryl The peerage
  2. Rasputin: The Saint Who Sinned
  3. The Memoirs of Count Witte

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]