Amelio Robles Ávila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAmelio Robles Ávila

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Amelia Robles Ávila Editar o valor em Wikidata
3 de novembro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Cultura do Mezcala, México (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Cultura do Mezcala, México (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1911 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeExército Libertador do Sul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor em Wikidata
ConflitoRevolución Mexicana Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Robles_Ávila-14

Amelio Robles Ávila, nado o 3 de novembro de 1889 en Xochipala, Guerrero e finado o 9 de decembro de 1984 na mesma vila, foi un coronel mexicano que participou na Revolución Mexicana. Foi asignado como muller co nome de Amelia Robles Ávila e viviu coma home durante 70 dos 94 anos que estivo vivo, sendo considerada a primeira persoa transxénero en México, chegándoselle a recoñecer institucionalmente o seu sexo sentido.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Robles foi fillo de Casimiro Robles e Josefa Ávila, e tiña dous irmáns, Teódulo e Prisca. O seu pai era propietario de varios terreos e mais dunha fábrica de mezcal; exercera de axudante do comisario da zona durante algún tempo, e morreu cando Amelio tiña 3 anos. A súa nai casou de novo con Jesús Martínez, un traballador que se dedicaba ao gando, tendo con el outros tres fillos: Luis, Concepción e Jesús.

Amelio fora educado na relixión católica, formando parte da Sociedade das Fillas de María da Medalla Milagreira. Xa dende a infancia amosou interese polas actividades que naquel entón eran consideradas propiamente masculinas; aprendeu a montar e domar cabalos, e tamén o manexo das armas.[2]

Se cadra a súa relación coa Revolución mexicana tivo que ver con algúns problemas no seo da familia. A súa andaina revolucionaria comezou no 1911, sendo tesoureiro nun club en Xochipala. Estivo presente na toma de Iguala o 14 de maio do 1911; e entre os meses de agosto e novembro dese mesmo ano foi enviado ao golfo de México por unha comisión que pretendía recadar cartos das empresas petroleiras para a causa revolucionaria. Finalmente, incorporouse á loita armada no 1912, cando o xeneral Juan Andrew Almazán pasa pola vila. A partir do 1913 Amelio participou nas filas zapatistas baixo o mando dos principais xefes revolucionarios do estado (como Jesús H. Salgado, Heliodoro Castillo e Encarnación Díaz); sendo en novembro do 1918 cando entregou as armas.[3]

No 1924 apoiou ao xeneral Álvaro Obregón contra a rebelión delahuertista, baixo o mando do xeneral Adrián Castrejón Castrejón; participou na batalla da facenda de pozuelos (na que faleceu o xeneral delahuertista Marcial Cavazos e Robles foi ferido). Foi neste momento cando decidiu adquirir unha nova identidade, asumindo o nome de "coronel Robles", vestindo sempre de xeito masculino e amosando abertamente a súa identidade de xénero.

No seu expediente persoal dos arquivos militares consta coma home, usándose unha acta de nacemento falsa que proporcionou o propio Amelio. Era de todo o mundo sabido que lle foi asignado o xénero feminino ao nacer, mais no exército estivo rexistrado coma home.[4] Foi nesa época, en Apipilulco (Guerrero), cando coñeceu á que sería a súa parella, Ángela Torres, coa que criou á súa única filla adoptiva, Regula Robles Torres.[5]

No 1970 outorgóuselle a condecoración coma veterano da Revolución mexicana e Lexionario de Honra do Exército Mexicano. No 1973 recibiu a condecoración ao Mérito revolucionario. A súa personalidade fixo que se lle dedicasen varios corridos, dos que se manteñen actualmente uns versos que foran escritos polo seu sobriño Simón Ramírez Martínez, fillo da súa media irmá Concepción:

"O seu nome foi Amelia Robles, coronela consagrada, non esquezan o seu nome, era orquídea perfumada, lévenlle un ramo de flores á súa tumba abandonada."[6]

Amelio morreu o 9 de decembro do 1984, aos 95 anos de idade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Amelio Robles, coronel transgénero de la Revolución mexicana. Por Lydia Zárate". La que Arde. 2014-11-04. Consultado o 2017-04-03. 
  2. "Amelia Robles Avila, 1889 - 1984". www.bibliotecas.tv. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-04. 
  3. "Amelio Robles la coronel transgénero de la revolución - Michoacán". michoacantrespuntocero.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-04. 
  4. Zárate, Lydia (2016-09-13). "Amelio Robles, coronel transgénero de la Revolución mexicana - pikara magazine". pikara magazine (en castelán). Consultado o 2017-04-03. 
  5. "Amelia Robles Ávila, "el coronel" de la Revolución | Cultura Colectiva". 
  6. "Amelia Robles Ávila, “el coronel” de la Revolución". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2017. Consultado o 08 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cano, Gabriela (2012). Amelio Robles, masculinidad (transgénero) en la Revolución mexicana. Xénero, poder e política no México posrevolucionario. Fondo de cultura económica. México.
  • Zárate, Lydia (2014). Amelio Robles, coronel transgénero de la Revolución mexicana. Revista La que Arde. México.
  • Zárate, Lydia (2016). Amelio Robles, coronel transgénero de la Revolución mexicana. Pikara Magazine. España.
  • Los Compañeros de Zapata (Edicións do Goberno do Estado Libre e Soberano de Morelos ed.).