Alfredo Martínez Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1889 A Coruña, España |
Morte | 24 de febreiro de 1972 (82/83 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Lingua | Lingua castelá |
Alfredo Martínez Martínez, nado na Coruña en 1889 e finado no mesmo concello o 24 de febreiro de 1972,[1] foi un comerciante e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comerciante en Mondoñedo, na República foi vocal Liga Mindoniense (1932), militou en Izquierda Republicana da que foi tesoureiro (1935) e foi delegado de Socorro Rojo Internacional. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en agosto. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión o 10 de abril de 1938 con José Sánchez Gacio, José Ramón Villamarín Pallín, Eloy Castro Dorrego, Guillermo Otero Villalba, Graciano Leivas Freire, Germán Fanego Salaverri, Patricio Vijande Villar, Constantino Sánchez Gacio e Emilio González Valoria foi condenado a pena de morte, a sentenza foi conmutada a cadea perpetua.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Lugo con Emilia González Alonso en 1912.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Pedreira, Ricardo (2006). Consejo de Guerra por Rebelión Militar. Mindonienses condenados en 1937. Mondoñedo: Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo.