Alfredo Atrio García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1936 Paizás, España |
Morte | 13 de febreiro de 2011 (74 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua castelá |
Alfredo Atrio García, nado en Vilariño de Paizás (Ramirás) o 8 de maio de 1936[1]e finado en Santiago de Compostela o 13 de febreiro de 2011[2], foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mestre nacional, afiliouse ao PSOE. Foi Secretario Xeral da agrupación do Barco de Valdeorras, da comarcal de Valdeorras e membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE. Foi deputado no Parlamento de Galicia na segunda lexislatura, entre decembro de 1987 e outubro de 1989, cubrindo a baixa de Manuel Veiga Pombo. Abandonou a militancia socialista en xullo de 1989 logo da votación do mapa sanitario de Galicia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Atrio García, Alfredo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 47. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Incinerados en Santiago los restos del exedil Alfredo Atrio
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.