Alberto Fabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIlustrísimo señor Editar o valor em Wikidata
Alberto Fabra

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1964 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Castelló de la Plana, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
17 de agosto de 2023 –
Lexislatura: 15th Congress of Deputies (en) Traducir

Circunscrición electoral: Castellón

Deputado nas Cortes Valencianas
26 de xuño de 2023 – 27 de xullo de 2023 – Jesús Antonio Lecha Tena (en) Traducir →
Lexislatura: Q119978069 Traducir

Circunscrición electoral: Castelló

Senador de España
23 de xullo de 2015 – 27 de xullo de 2023

Nomeado por: Cortes Valencianas
Voceiro do Grupo Parlamentario do Partido Popular nas Cortes Valencianas
11 de xuño de 2015 – 3 de agosto de 2015
← Jorge Bellver Casaña (en) TraducirIsabel Bonig Trigueros (pt) Traducir →
Deputado nas Cortes Valencianas
11 de xuño de 2015 – 3 de agosto de 2015 – Blanca Garrigues Francés (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir

Presidente da Generalitat Valenciana
28 de xullo de 2011 – 25 de xuño de 2015
← Francisco CampsXimo Puig →
President of the Land of Valencia PP party (en) Traducir
20 de xullo de 2011 – 28 de xullo de 2015
← Francisco CampsIsabel Bonig Trigueros (pt) Traducir →
Deputado nas Cortes Valencianas
14 de xuño de 2007 – 31 de marzo de 2015
Lexislatura: Q57783868 Traducir, Q9092181 Traducir

Circunscrición electoral: Castelló

Alcalde de Castelló de la Plana
29 de xaneiro de 2005 – 27 de xullo de 2011
← José Luis Gimeno Ferrer (en) TraducirAlfonso Bataller (pt) Traducir →
City councillor of Castelló de la Plana (en) Traducir
15 de xuño de 1991 – 28 de xullo de 2011 – Beatriz Jiménez Gimeno (en) Traducir →
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSilvia Jato
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Alberto Fabra Part, nado en Castelló de la Plana o 6 de abril de 1964, é un político español do Partido Popular, actual presidente da Generalitat Valenciana. Foi proposto para o cargo polo seu partido tras a dimisión de Francisco Camps o 20 de xullo de 2011.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Alberto Fabra estudou no colexio público Herrero e no instituto Francisco Ribalta de Castelló de la Plana. En 1987 titulouse en Arquitectura técnica pola Universidade Politécnica de Valencia.

Concelleiro en Castelló de la Plana[editar | editar a fonte]

En 1982 afiliouse ás Novas Xeracións de Alianza Popular, partido liderado daquelas por Manuel Fraga, chegando a ser presidente local e provincial desta organización. Foi elixido concelleiro nas eleccións municipais de 1991.

O seu primeiro cargo no goberno municipal foi o de concelleiro de xuventude e medio ambiente. En 1993, asume a concellaría de obras e servizos públicos. Tras as eleccións municipais de 1999, é nomeado concelleiro de urbanismo.[1] Entre 1999 e 2005, foi primeiro tenente de alcalde, concelleiro de urbanismo e obras e portavoz do equipo municipal de goberno.

Alcalde de Castelló de la Plana[editar | editar a fonte]

En 2005 foi elixido alcalde de Castelló de la Plana tras a dimisión de Jose Luis Gimeno, manténdose no seu cargo tras as eleccións municipais de 2007 e as de 2011, grazas á maioría absoluta conseguida polo seu partido.

Deputado nas Cortes Valencianas[editar | editar a fonte]

Nas eleccións autonómicas de 2007 foi elixido deputado nas Cortes Valencianas, revalidando o cargo tamén nas de 2011.

Presidente do PPCV e da Comunidade Valenciana[editar | editar a fonte]

En novembro de 2009 Alberto Fabra foi nomeado coordinador xeral do Partido Popular da Comunidade Valenciana, un cargo de nova creación que se enmarcaba no proceso de renovación das estruturas internas como consecuencia do escándalo de corrupción política coñecido como caso Gürtel. O 20 de xullo de 2011 anunciouse que sería elixido Presidente da Generalitat Valenciana tras a dimisión de Francisco Camps.[2]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Cristina Fortanet Gómez e ten dous fillos.[1] En abril de 2021 casou con Silvia Jato.[3] Aínda que comparten apelido, Alberto non é familiar do expresidente da Deputación Provincial de Castelló, Carlos Fabra, segundo el mesmo negou en diversas ocasións.[4][5][6] Non obstante, segundo o Diccionario biográfico de políticos valencianos 1810-2005 (editado pola Deputación de Valencia e a UNED-Valencia) si que sería seu curmán.[7]

Predecesor:
José Luis Gimeno

Alcalde de Castelló de la Plana

2005-2011
Sucesor:
Alfonso Bataller Vicent
Predecesor:
Francisco Camps

Presidente do PP da Comunidade Valenciana

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Francisco Camps

Presidente da Generalitat Valenciana

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El primer president de Castelló". El Periódico Mediterráneo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  2. "Alberto, president". El Periódico Mediterráneo. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2011. 
  3. La presentadora gallega Silvia Jato se casa por sorpresa con Alberto Fabra
  4. ""Para fastidiar a Fabra digo que soy su hijo"". Público. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  5. "Alberto Fabra, alcalde de Castellón, será el nuevo presidente de la Generalitat y del PPCV". 20 minutos. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  6. "Astucia, discreción y don de la oportunidad". Levante-EMV. Consultado o 22 de xullo de 2011. 
  7. "Diccionario Biográfico de Políticos Valencianos" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2006. Consultado o 14 de febreiro de 2006. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]