Saltar ao contido

Albert White Hat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlbert White Hat
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1938 Editar o valor em Wikidata
Dacota do Sur, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 2013 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Rosebud, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo lakota Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua lakota e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Albert White Hat (nome lakota Natan Tokahe, que significa "O primeiro en cargar"), nado o 18 de novembro de 1938 e finado o 13 de xuño de 2013 foi un mestre de lingua lakota e un activista da cultura tradicional Sicanju Lakota. É coñecido por traducir a lingua lakota para os filmes de Hollywood, como o filme de 1990 Dances with Wolves, e por crear unha ortografía e un compendio moderno do lakota. Tivo sete fillos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Albert White Hat naceu preto de St. Francis, Dacota do Sur na Reserva India de Rosebud no seo dunha familia tradicional. Era o neto do famoso xefe Hollow Horn Bear."[1]

Durante a súa nenez só falou lakota. Asistiu ó colexio en Spring Creek, Dacota do Sur.[2] Ó contrario que os seus compañeiros do Colexio da Misión Xesuíta de St. Francis, que foron enviados ó internado con cinco anos, el non foi ata os dezaseis.[3]

"Eu medrei cunha morea de persoas maiores, escoitando as historias. E estas historias estaban dentro de min. E logo fun a un internado, e matáronme aquelas historias nese sistema. Saín de alí totalmente avergoñado de quen son, de que son. A finais dos anos sesenta, volvín á cultura, pola miña conta. Deixei medrar o pelo, e comecei a falar a miña lingua. Unha desas veces, fixen o xaxún. Estiven na procura da visión, por cinco anos.[4]

Despois de graduarse no Colexio de St. Francis, tivo diversos traballos.

Mestre de lingua e cultura lakota[editar | editar a fonte]

White Hat loitou polo ensino da lingua lakota no distrito escolar do Condado de Todd, Dacota do Sur cando os seus fillos entraron no colexio nos anos 1960. Daquela, o lakota non formaba parte do currículo educativo de Dacota do Sur. Co tempo aprendeu a crear os seus propios plans de estudos, e converteuse en mestre de lingua Lakota el mesmo.[3] Converteuse en xefe do "Comité para a Preservación da Lingua Lakota" en 1982.[5]

White Hat adicou vinte e cinco anos da súa vida ó ensino da lingua lakota na Universidade Sinte Gleska da Reserva India Rosebud, e converteuse en director do Departamento de Estudos Lakota Sinte Gleska."[5] Desenvolveu un método de ensino que emprega amplos exemplos da cultura Brule Lakota, e chegou a ser coñecido como un estudoso da lingua. El ensinaría a cultura lakota "tanto a membros da tribo como a americanos non nativos."[5] El referíase ó seu método de ensino do seguinte xeito, "cando ensinamos unha lingua a un estudante, deberíamos desenvolver nel outro corazón e outra mente."[6] En 1999 reuniu as notas dos seus estudos nun libro, Reading and Writing the Lakota Language.[7] Foi o primeiro falante nativo de Lakota que publicou un libro de texto e un glosario en dita lingua."[5]

Era un home activo na vida espiritual tradicional dos lakota. O seu amigo Cyril Scott, o Presidente Tribal dos Sioux de Rosebud Sioux, referiuse a el coma "un gran mestre" e un "líder espiritual".[5][8] White Hat falaba a miúdo en conferencias e reunións, incluíndo a conferencia de 2008 "Planning for Seven Generations" celebrada en Boulder, Colorado,[9] e era moi coñecido dentro dos circuítos dos powwow.[5] A "Lakota Documentaries" video by Don Moccasin (1948–2009) features Albert White Hat speaking about the survival of the Lakota language, in Lakota with English language subtitles.[10]

Cita[editar | editar a fonte]

We have a very simple statement of our philosophy. We say 'All my relatives.'[9]
Temos unha declaración moi sinxela da nosa filosofía. Dicimos "Todos os meus parentes".
Albert White Hat.

Obras[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Outstanding Indian Educator Award (1995)[10]
  • National Indian Education Association Indian Elder of the Year (2001)
  • Living Indian Treasure Award (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Post Store. "Albert White Hat, preserver of Lakota language, dies at 74". The Washington Post. Consultado o 2013-06-30. 
  2. "Albert White Hat, Sr.: Life and Work". World Wisdom. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  3. 3,0 3,1 Andrews, John (2009). "Saving their Language: Speakers Try to Revive Laktoa and Dakota Before They Disappear". South Dakota Magazine: Celebrating Life in South Dakota (March/April). Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  4. "This Isn't History". New Perspectives on The West (PBS) (Eight (1887-1914), One Sky Above Us). Consultado o 20 de xuño de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Eaton, Kristie (2013-06-18). "Author, teacher of endangered Lakota language dies". Boston.com. Consultado o 2013-06-21. 
  6. "Reading and Writing the Lakota Language: Albert White Hat Sr., Jael Kampfe, Vine Deloria Jr.: 9780874805727". Amazon.com: Books. Consultado o 2013-06-29. 
  7. "Lakota Educator, Author, and Linguist Albert White Hat Walks On - ICTMN.com". Indian Country Today Media Network. 19 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  8. "Albert White Hat passes to the spirit world". Indianz.Com > Native Sun News. 20 de xuño de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013. 
  9. 9,0 9,1 "Albert White Hat". Tribes & Climate Change. Consultado o 21 de xuño de 2013. 
  10. 10,0 10,1 Antoine, Dr. Jurgita. "Albert White Hat and Lakota Language Preservation". Tribal College Journal of American Indian Higher Education. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 29 de xuño de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

External links[editar | editar a fonte]