A tecedeira de Bonaval

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tecedeira de Bonaval
Imaxe da segunda edición.
Título orixinalA Tecedeira de Bonaval: episodio da hestorea de Compostela no sigro XVI
Autor/aAntonio López Ferreiro
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónBiblioteca Gallega
Xénero(s)novela
Data de pub.1894
Seguido porO castelo de Pambre
editar datos en Wikidata ]

A tecedeira de Bonaval é unha novela de Antonio López Ferreiro, publicada por entregas no xornal El Pensamiento Galaico, do 5 de xullo ao 21 de decembro de 1894. En 1895 foi editada por Andrés Martínez Salazar no volume X da Biblioteca Gallega, e en 1953 reeditouna Pedret Casado en Bibliófilos Gallegos nun volume conxunto coas súas outras dúas novelas: O niño de pombas e O castelo de Pambre.

Narración[editar | editar a fonte]

A obra, narrada en terceira persoa, está estruturada en 25 capítulos, que responden a cambios no espazo ou no tempo.

A novela reflicte as incipientes loitas sociais no espazo urbano de Santiago de Compostela, con tres puntos clave: Bonaval como espazo popular, os pazos da praza do Toural como reflexo do poder civil, e a Catedral como reflexo do poder eclesiástico. A acción transcorre entre decembro de 1543 e abril de 1546.

Lingua[editar | editar a fonte]

No momento da escritura da obra aínda non existía unha normativa oficial do galego. Con todo, López Ferreiro definiu uns certos criterios no texto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]