A7L

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O astronauta Eugene Cernan sobre a supercie lunar no seu traxe A7LB durante a misión Apolo 17.

A7L e, nunha segunda versión, A7LB, foi o nome dos traxes espaciais usados polos astronautas do proxecto Apollo e da estación espacial Skylab.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Os traxes A7L e A7LB foron deseñados e desenvolvidos por Hamilton Standard e (mediante subcontrato) por International Latex Corporation. Tralo desenvolvemento, a fabricación correu a cargo desta última empresa. O modelo inicial foi denominado A5L e tras incorporarlle unha protección térmica e contra meteoroides pasou a denominarse A6L. Este modelo nunca chegou a voar debido a que tralo accidente durante as probas en terra co Apollo 1 no que morreron os seus tres tripulantes o traxe foi redeseñado para eliminar materiais inflamables, pasando a denominarse definitivamente A7L.[1]

Cada astronauta do programa Apolo tiña tres traxes personalizados: un para adestramento, outro para o voo e un de reserva deste último. O peso de cada traxe era duns 22 kg e o sistema de soporte vital (PLSS, Portable Life Support System) 26 kg. O modelo A7LB desenvolveuse para ser usado nas misións Apolo da serie J (Apollo 15, Apollo 16 e Apollo 17). O A7LB foi usado na estación Skylab tras engadirlle protección térmica adicional. Durante a misión Apollo ASTP usouse o modelo A7L orixinal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "A7L" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ertel , Ivan D; Morse , Mary Louise; et al. (1966-1974). "The Apollo Spacecraft Chronology" I–IV.