Ángel López Ruano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ángel Domingo López Ruano»)
Infotaula de personaÁngel López Ruano
Nome orixinal(es) Ángel Domingo López Ruano Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso71 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Malpartida de Corneja (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor em Wikidata - 2016 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Número deportivo6 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Deporte base
- Unión Deportiva Las Palmas Editar o valor em Wikidata
  Equipo enllaç= enllaç=
1998-2000 UD Las Palmas Atlético
2000-2003 Unión Deportiva Las Palmas 81(1)
2003-2007 Real Club Celta de Vigo 159(6)
2007-2012 Villarreal Club de Fútbol 104(2)
2012-2013 Real Betis Balompié 11(1)
2013-2016 Unión Deportiva Las Palmas 71(2) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
2001-2003   Selección de fútbol sub-21 de España 14(0)
2006-2008   España 5(0) Editar o valor em Wikidata

UEFA: 63460 Editar o valor em Wikidata

Ángel Domingo López Ruano, coñecido como Ángel, nado nas Palmas de Gran Canaria o 10 de marzo de 1981, é un exfutbolista español, que xogaba de defensa ou centrocampista. Foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de xogar nas categorías inferiores e nos equipos B e A do UD Las Palmas, Ángel chega ao Celta no mercado de inverno da tempada 2002-03, con Miguel Ángel Lotina no banquiño celeste. Esa tempada acabou disputando 15 partidos. O seu debut produciuse un 9 de febreiro de 2003, contra o Mallorca, nun encontro que o Celta gañou 0-2. Ángel xogara de titular como interior dereito.

Custoulle ter un sitio no equipo e convencer a afección. Foi con Fernando Vázquez en Segunda División cando se fixo un imprescindible no once titular. O adestrador xa o coñecía do seu paso polo Las Palmas. Tiña contrato co Celta ata o ano 2012, pero no 2007 marchou ao Villarreal.

O adestrador da selección española Luis Aragonés cconvocouno por primeira vez o 10 de novembro de 2006. O seu debut como internacional tivo lugar o 16 de novembro de 2006 no amigábel España-Romanía (0-1), onde xogou de titular durante 73 minutos. Repetiu o 7 de febreiro de 2007 ante Inglaterra, onde xogou 45 minutos. O seu debut en partido oficial foi o 24 de marzo de 2007, cando foi titular no España-Dinamarca (2-1), nun partido de clasificación para a Eurocopa de fútbol 2008, e onde recibiu un cartón amarelo.

Características[editar | editar a fonte]

Aínda que comezou como mediocentro, reconverteuse a lateral dereito (con Fernando Vázquez), posición na que xogou varias tempadas. Tecnicamente bo, posuía unha boa condición física.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Real Club Celta de Vigo - Tempada 2006-07

Esteban | Lucas | Lequi | Oubiña | Areias | Núñez | Ángel | Guayre | Bamogo | Gustavo López | Tamas | Placente | Pinto | J. Perera | Contreras | Paulo García | Baiano | Yago | Iónatan Aspas | Jorge | De Ridder | Nené | Canobbio | Iriney