Zsolt Limperger
Limperger | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Zsolt Limperger | ||
Nacemento | 13 de setembro de 1968 | ||
Lugar de nacemento | Pápa | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1985–1991 | Ferencvárosi TC | 112 | (6) |
1991–1994 | Real Burgos | 71 | (9) |
1993-1994 | Celta de Vigo | 1 | (0) |
1994-1996 | RCD Mallorca | 22 | (2) |
1996-1999 | Ferencvárosi TC | 18 | (2) |
Total | 224 | (19) | |
Selección nacional | |||
1989-1992 | Selección de fútbol de Hungría | 22 | (1) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Zsolt Limperger, nado en Budapest o 13 de setembro de 1968 é un exfutbolista húngaro, que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formou parte da selección sub-17 do seu país e xogou o mundial desa categoría disputado na China en 1985. Xogou no Ferencvaros até a súa chegada ao Real Burgos, co que sufriu un descenso a segunda división.
Fichou polo Celta de Vigo no mercado de inverno da tempada 1993/94 para suplir a baixa de Luisinho procedente do Real Burgos. Debutou o 23 de xaneiro de 1994 no derbi contra o Deportivo, pero aos 13 minutos rompeu o tendón de Aquiles, e non volveu xogar co Celta.
Ao ano seguinte fichou polo Real Mallorca, e despois regresou ao Ferencvaros, participando na Liga de Campións.
Foi internacional coa selección de fútbol de Hungría en 22 ocasións.