Xosé Conde Corbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Conde Corbal
Biografía
Nacemento5 de abril de 1923 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de marzo de 1999 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , gravador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Conde Corbal, nado en Pontevedra o 5 de abril de 1923 e finado en Vilagarcía de Arousa o 5 de marzo de 1999, foi un debuxante, gravador e pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de José Conde Pérez e Trinidad Corbal Souto. Fixo os estudos de primaria na escola privada de dona Estrellita e despois no Colexio Balmes, e o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Comezou a estudar dereito, e despois química, na Universidade de Santiago. Nesa cidade formou grupo artístico co pintor Rafael Alonso e o fotógrafo Juan Manuel Castuera.[1] Despois de abandonar a universidade, dirixiu unha fábrica de cerámica en Benavente. En 1954 dirixiu unha mina de volframio en Lobios.

Achegouse ao PCE, para abandonalo nos anos noventa e achegarse ao Partido Galeguista.

Colaborou en El Imperio de Zamora, La Región, Diario de Pontevedra e Faro de Vigo.

En 1958 expuxo gouaches de temática mariñeira e paisaxística no Liceo Recreo Ourensán, na Sala Velázquez de Vigo, no Salón de Actos do concello de Pontevedra, e na oficina de turismo de Santiago.[2] Entre 1969 e 1975 viviu en Madrid.

A súa obra recolle a fauna, a flora, as paisaxes e os monumentos de Galiza, así como persoeiros da Xeración Nós, Valle-Inclán, Curros, Cervantes ou Líster. En 1961 publicou El Orense perdurable e en 1964 Orense monumental, con textos de Ferro Couselo. Entre 1936 e 1986 pintou a serie O fardel da guerra.

Teñen obra súa o Museo de Pontevedra a Colección Afundación e o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1947 casou con Margarita Escuredo Lago, filla de Eugenio Escuredo Lastra (da fábrica de cerámica Celta de Pontecesures e da conserveira Yago do Grove). Foi pai de once fillos.

Exposicións[editar | editar a fonte]

  • 1957: Meloxo, O Grove
  • 1958: Liceo Recreo Ourensán
  • 1958: Sala Velázquez (Vigo)
  • 1958: Salón de Actos do Concello de Pontevedra
  • 1958: Oficina de Turismo de Santiago
  • 1960: Liceo Recreo Ourensán
  • 1960: Sala de Arte Xuvenil (Ourense)
  • 1960: Sala de Arte La Troya (Ourense)
  • 1961: Orense perdurable (Claustro do Museo Arqueolóxico de Ourense)
  • 1962: Sociedad de Amigos del Arte da Biblioteca Nacional (Madrid): exposición colectiva de artistas ourensáns
  • 1962: Instituto de Pontevedra
  • 1966: Xentes do mar (Caixa de Aforros Municipal de Vigo
  • 1968: Románico galego (Santiago)
  • 1969: Sala Toisón (Madrid)
  • 1972: Obra gráfica. Valle-Inclán (Ourense)
  • 1973: Centro educativo Rutgers (New Jersey)
  • 1973: Bradley University (Pretoria, Illinois)
  • 1978: A dorna e os que viven dela (Ourense)
  • 1982: Vivente Risco e o seu tempo (Museo de Pontevedra)
  • 1983: Gravados sobre a obra de Valle-Inclán (Museo de Pontevedra)
  • 1987: O fardel da guerra (Museo de Pontevedra; Museo do Pobo Galego)
  • 1993: Conde Corbal. Pintura 1991-1993 (Vilagarcía)
  • 2024: O fardel da guerra 1936-1986 (Museo de Artes do grabado)

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • El Orense perdurable (1961)
  • Orense Provincia monumental (1963) (mapa)
  • Del Orense monumental (1964)
  • Orense Pórtico de Galicia (1964) (mapa)
  • Pontevedra en 50 debuxos (1965)
  • Santiago llegó por mar (1965) (folleto)
  • Baixa Limia (1965) (mapa)
  • Cruceros, petos y santos: Pontevedra: La tierra y sus gentes (1966)
  • Centenario de Valle-Inclán (1966)
  • Pontevedra: La tierra y sus gentes (1967)
  • Pazos de Pontevedra (1972)
  • Vigo. Xentes do mar de Vigo (1973)
  • Desnudos (1973)
  • A dorna e os que viven dela (1973)
  • Retratos (1975)
  • Rivadavia (1975)
  • Nenos, mulleres e vellos (1975)
  • Na procura da fauna galega (1976)
  • Nós (1976)
  • Fauna galega: especies de río (1978)
  • Mamíferos (1978)
  • Galicia e Minho deica o Douro (1980)
  • Peixes e flores de Galicia (1984)
  • Conde Cordal. Obra gráfica (2011), editada por Antón Mascato (NovaGalicia).
  • O fardel da guerra 1936-1986 (2024) (Museo de Artes do grabado).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cronobiografía de Xosé Conde Corbal", en Conde Cordal (2024), p. 105.
  2. "Cronobiografía de Xosé Conde Corbal", en Conde Cordal (2024), p. 106.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]