Saltar ao contido

Wikipedia:Ou

Esta páxina está permanentemente protexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta páxina, Wikipedia:Ou, recolle o segundo artigo publicado na Galipedia. Orixinalmente gardouse no espazo de nomes principal, reservado para os artigos, pero foi trasladado ao Galizionario por tratarse dunha mera definición de dicionario.

Historial

Primeira revisión

A primeira revisión, rexistrada por ILVI (conversa · contribucións) o 12 de marzo de 2003 ás 05:55, contiña o texto como segue (podes visualizalo aquí):

'''ou''' ''conx''. 
#Con valor disxuntivo expresa unha alternativa. ¿Queres que ceemos ou queres que baixemos? Flores amarelas ou brancas. 
#Entre dúas cifras pode indicar avaliación aproximativa. Nada máis que a vin tres ou catro veces. Serían as dúas ou dúas e media. 
#Despois dunha afirmación expresa rectificación, explicación, etc., do que se vén de dicir. O avó é carpinteiro, ou foino. 
#Indica que as formas que une designan a mesma cousa. O sabugueiro ou bieiteiro considerábase árbore sagrada. 
#Úsase como nexo de dúas cláusulas, cando a primeira expresa unha orde ou consello, e a segunda as consecuencias de non seguir esa orde ou consello. ¡Ou o deixas saír ou te denuncio! ¡Sácateme de diante ou arréoche! 
#Introduce unha explicación ou xustificación da afirmación que se acaba de facer. Tan incompetente non é, ou non a chamarían.

Última revisión

A última revisión que estivo presente na Galipedia, xa contaba cos marcadores {{Wikt}} e {{Lixo}}. Finalmente foi borrado por Albert galiza (conversa · contribucións) o 3 de outubro de 2008 ás 22:23.

{{lixoporque|[[Image:Wiktionary-logo-gl.png|left|70px| ]] 
''O contido desta páxina xunto co historial completo foi trasladado ao Galizionario mediante o sistema de importación entre os wikis en lingua galega do proxecto Wikimedia. A entrada está en [[wikt:ou]] e agora pode borrarse na Galipedia.'' --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 19:49, 3 outubro 2008 (UTC) }}


{{Wikt}}

'''ou''' ''conx''. 
#Con valor disxuntivo expresa unha alternativa. ''Queres que ceemos ou queres que baixemos? Flores amarelas ou brancas''. 
#Entre dúas cifras pode indicar avaliación aproximativa. ''Nada máis que a vin tres ou catro veces. Serían as dúas ou dúas e media.'' 
#Despois dunha afirmación expresa rectificación, explicación, etc., do que se vén de dicir. ''O avó é carpinteiro, ou foino.'' 
#Indica que as formas que une designan a mesma cousa. ''O sabugueiro ou bieiteiro considerábase árbore sagrada.'' 
#Úsase como nexo de dúas cláusulas, cando a primeira expresa unha orde ou consello, e a segunda as consecuencias de non seguir esa orde ou consello. ''Ou o deixas saír ou te denuncio! ¡Sácateme de diante ou arréoche!'' 
#Introduce unha explicación ou xustificación da afirmación que se acaba de facer. ''Tan incompetente non é, ou non a chamarían.''

'''OU''' ''símbolo''
:"OU" (en maiúsculas) é o distintivo das antigas matrículas de automóbiles para [[Ourense]]; a súa implementación estivo envolveita en polémica debido a que foi unha esixencia cidadá (axudada polos propios impresores de placas) que se elevou a rango de lei coa oficialidade a nivel estatal da denominación galega e catalá das capitais provinciais. Xunto con "OU" cambiáronse "IB" (de Illas Baleares) e mais "GI" (de Girona), pero a súa influencia mediática foi atenuada pronto polo cambio de codificación nas matrículas.

:A principal campaña con repercusión social levouna a cabo a [[MNL|Mesa pola Normalización Lingüística]]. Na [[Ourense|cidade das Burgas]], a reivindicación realizouse con adhesivos que mesmo se superpuñan ó "OR" orixinal da placa. (v. tamén polémica do [[Seat]] [[Arosa]]).

[[Categoría:Planificación e política lingüística]]
[[Categoría:Abreviación]]

[[de:OU]]
[[en:OU]]
[[fr:OU]]
[[it:OU]]
[[ko:OU]]
[[fi:Ou]]
'''Texto en negra'''