Vicente Cupóns
Vicente Cupóns | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Vicente Cupóns | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1923-1925 | CD Hostafranch | ||
1925-1926 | CE Europa | ||
1926-1927 | Gimnàstic de Tarragona | ||
1927-1928 | Terrassa FC | ||
1928-1929 | CE Júpiter | ||
1930-1931 | Alondras CF | ||
1931-1932 | Celta de Vigo | 18 | (18) |
1932-1933 | Racing de Ferrol | ||
1933- | FC Palafrugell | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Vicente Cupóns, nado en Barcelona foi un futbolista catalán que xogaba na demarcación de dianteiro centro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou xogando en equipos locais de Cataluña, ata que decidiu trasladarse a Galicia en 1930 e xogar no Alondras CF de Cangas, xogando no equipo galego chamou a atención dos olleadores do Celta de Vigo, equipo polo que fichou ao ano seguinte. Na única tempada que xogou no Celta foi o máximo goleador do equipo, anotando 18 goles en 18 encontros entre Liga e Copa do Rei, porén os continuados problemas coa directiva fixeron que deixara o equipo a tres encontros de rematar a tempada.
Ao ano seguinte o adestrador José Planas, quen xa o dirixira no Celta chamouno para xogar no Racing de Ferrol, no equipo departamental xogou outra tempada, antes de volver a Cataluña e xogar no modesto Palafrugell.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Berto V. T. (20 de xaneiro de 2013). "Vicente Cupóns". Yo jugué en el Celta (en castelán).