Val Logsdon Fitch
Val Logsdon Fitch | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1923 Merriman, Estados Unidos de América |
Morte | 15 de febreiro de 2015 (91 anos) Princeton, Nova Jersey |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Columbia Universidade McGill |
Director de tese | James Rainwater |
Actividade | |
Campo de traballo | Física de partículas |
Ocupación | físico , científico nuclear , profesor universitario |
Empregador | Universidade de Princeton |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército dos Estados Unidos de América |
Conflito | Segunda guerra mundial |
Participou en | |
1939 | Proxecto Manhattan |
Obra | |
Doutorando | Mark Strovink (en) |
Premios | |
Premio Nobel de Física (1980) | |
Lista
|
Val Logsdon Fitch, nado en Merrimen, Nebrasca, o 10 de marzo de 1923 e finado en Princeton, Nova Jersey o 5 de febreiro de 2015, foi un físico norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1980.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou enxeñaría na Universidade McGill, onde se licenciou en 1948. En 1954 doutorouse en física na Universidade de Columbia.
Investigacións científicas[editar | editar a fonte]
Durante a segunda guerra mundial participou no Proxecto Manhattan de Los Álamos.
Xunto a James Cronin realizou diversos experimentos acerca das reaccións subatómicas, observando como estas a miúdo non cumpren os principios fundamentais da simetría. Coa observación en 1964 da análise das partículas kaóns viron como as reaccións feitas en sentido inverso non seguían a mesma traxectoria que a reacción orixinal, o que mostrou que as interaccións das partículas subatómicas non son independentes do tempo. Esta formulación recibiu o nome de violación CP.
En 1980, xunto con Cronin, foi galardoado co Premio Nobel de Física polos seus descubrimentos acerca da violación dos principios da simetría na partícula kaón.