Shellac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shellac
Shellac na sala Mondo Club de Vigo en maio do 2010
OrixeChicago, Illinois,
Período1992 - 2024
Xénero(s)noise rock, punk rock, post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)Touch and Go, Drag City, Skin Graft
MembrosTodd Trainer
Bob Weston
Steve Albini
Artistas relacionadosBig Black, Brick Layer Cake, Flour, Mission of Burma, Rapeman, Volcano Suns, Breaking Circus
Na rede
http://www.touchandgorecords.com/bands/band.php?
Facebook: shellacofna Last fm: Shellac Musicbrainz: 604f273a-d3c1-4b5b-ab83-99541f9368ea Songkick: 237744 Discogs: 103197 Allmusic: mn0000748262 Editar o valor em Wikidata

Shellac (ou tamén Shellac of North America) foi unha banda estadounidense formada en Chicago en 1992 e composta por Steve Albini (guitarra e voces), Bob Weston (baixo e voces) e Todd Trainer (batería e voces). A pesar de ser definidos como un grupo de noise rock[1] e post-hardcore,[2] eles describíanse a si mesmos coma un "trío de rock minimalista".

O son de Shellac é unha continuación das formacións previas de Albini (especialmente de Big Black), con texturas sonoras voluntariamente "hostís", e unha actitude inflexible, sobre todo en termos de dar a coñecer o grupo, que é practicamente inexistente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Shellac formouse en Chicago, Illinois no ano 1992 como unha colaboración informal entre o guitarrista Steve Albini e o batería Todd Trainer. O antigo baixista de Naked Raygun Camilo Gonzalez estivo con eles nos primeiros ensaios e tocou nunha canción do primeiro sinxelo de Shellac antes da chegada do baixista definitivo da banda, Bob Weston, antigo membro da banda de Boston Volcano Suns.

Shellac ten un son distintivo e minimalista, baseado en tempos infrecuentes e rápidos, pesados ritmos repetitivos, un son de guitarra penetrante, e unhas letras de Albini surrealistas e mordaces. Os seus temas non adoitan ter a típica estrutura "verse/chorus/verse" e os arranxos son escasos, ata o punto de que algúns os describen coma "amelódicos". O son característico de Shellac adoita estar asociado ao seu entusiasmo polas vellas guitarras Travis Bean, unha marca pouco común con instrumentos baseados no aluminio, e ao pedal de distorsión Interfax "Harmonic Percolator". Albini tamén é coñecido por usar pugas de cobre e por colocar a correa da guitarra ao redor da cintura en vez de colgala do ombro. A banda prefire tocar en pequenos clubs e as súas aparicións en directo son escasas.

Tanto Weston como Albini son recoñecidos enxeñeiros de son, e usan os seus métodos preferidos con Shellac. Albini é partidario dun son analóxico moi disperso sen apenas overdubbing, e é moi meticuloso coa colocación do micrófonos e coa elección do equipo. Isto reflíctese no "sen-sentido" da música de Shellac, tanto no estudio coma en directo.

A banda en 2014

Shellac tamén é recoñecida pola súa forma de traballar pouco convencional. As xiras adoitan ser unha excusa para escapar do seu traballo diario (os labores de enxeñeiro de son de Albini e Weston; e Trainer atende o bar Nick and Eddie en Minneapolis), en lugar de usalas como un medio de promoción dos seus discos ou por motivos económicos. De feito, Shellac non cobra un fixo polas súas actacións como a meirande parte das bandas, preferindo cobrar o sacado pola venda de entradas restándolle os gastos de promoción e as taxas do local.

No ano 2002 a banda foi a comisaria do festival All Tomorrow's Parties en Camber Sands, Inglaterra. Sabendo que a meirande parte da audiencia ía ver especificamente a Shellac, o grupo tocou de primeiro cada mañá como incentivo para que os asistentes se quedasen a ver aos outros artistas participantes. Entre estes estaban The Fall, Will Oldham, Nina Nastasia, Rachel's, Mission of Burma, Silkworm, Threnody Ensemble, Shipping News, High Dependency Unit, Arcwelder, The Breeders, David Lovering, Blonde Redhead, Wire, Zeni Geva, Oxes, Flour, Smog, Cheap Trick, Danielson Famile, The Ex e Dianogah. Un CD de temas das actuacións das bandas no festival foi lanzado por ATP Recordings.

No ano 2007 a banda editou o seu cuarto álbum de estudio, Excellent Italian Greyhound, título que fai referencia ao lebreiro italiano (en inglés Italian Greyhound) de Todd Trainer, e que tamén aparece na portada do disco.[3]

No mes de abril de 2010 a banda actuou xunto con Mission of Burma na sala Mondo Club de Vigo, nun concerto enmarcado dentro do Festival Sinsal.[4]

Para celebrar o seu 20 aniversario, Shellac volveu ser comisaria do ATP en decembro de 2012. Nesa edición participaron no festival artistas como Wire, Scrawl, Mission of Burma, The Ex + Brass Unbound, Red Fang, Shannon Wright, The Membranes, Alix, Bear Claw, Helen Money, Dead Rider, Arcwelder, Neurosis, Mono, Melt Banana, Uzeda, Prinzhorn Dance School, Three Second Kiss, Buke and Gase, Oxbow, Nina Nastasia, Zeni Geva, Bottomless Pit, Pinebender e STNNNG.[5]

En abril de 2013 Albini afirmou que o quinto álbum de Shellac LP estaba "a piques de rematarse", aínda que non había unha data de lanzamento planeada. "no projected release date".[6] O disco, titulado Dude Incredible, sería editado finalmente o 16 de setembro de 2014 a través do selo Touch and Go Records.[7]

En novembro de 2013 a banda tocou na derradeira edición do All Tomorrow's Parties celebrada en Camber Sands, Inglaterra.[8]

O quinto álbum de Shellac, Dude Incredible, foi publicado o día 16 de setembro de 2014.

No mes de abril de 2019 a banda anunciou un disco dobre con dúas sesións inéditas das BBC Radio Peel Sessions. O seu título é The End of Radio e foi publicado o 14 de xuño a través do selo Touch and Go Records. As sesións graváronse nos históricos BBC Maida Vale Studios en 1994 e 2004.[9]

O 20 de marzo de 2024 a banda anunciou un novo álbum titulado To All Trains, que sería editado o 17 de maio dese ano a través de Touch and Go Records.[10][11] O 7 de maio, dez días antes da data programada para o lanzamento do álbum, Albini morreu dun ataque ao ccorazón na súa casa de Chicago.[12][13]

Legado[editar | editar a fonte]

Estrela homenaxeando a Shellac no club First Avenue de Minneapolis

Escribindo para Drowned in Sound, Benjamin Bland dixo qu, "Big Black e Shellac son co seguridade od dous grupos de 'noise rock' máis influíntes que existiron. Centos de bandas soaron coma eles, e con toda probabilidade centos máis tamén o farán. Quen pode culpalos? Cando unha sombra tan grande se asoma sobre todo un subxénero musical, é difícil non deixarse influenciar por ela, e moito menos ignoralo por completo".[14]

John Robb, crítico musical e líder da banda británica de post-punk The Membranes, chamou a Shellac "a mellor banda de rock do planeta. Esta é a banda de rock coa que o resto de nós nas nosas bandas [...] tivemos que medirnos e se nos atopamos con deficiencias temos que agacharnos detrás de rocas e intentar revivir as nosas miserables ofertas cando estean á altura".[15] Vish Khanna ampliou a súa influencia, sinalando que "o sentido de empatía da banda, a gran narrativa, as políticas interpersoais e o humor negro non eran necesariamente pouco comúns nas bandas post-punk noise-rock, pero o camiño de Shellac é probablemente o máis distintivo e imitado".[16]

Christian Lembach de Whores dixo que At Action Park o o seu álbum de noise rock favorito.[17] Mike Sullivan de Russian Circles citou ao álbum como unha gran influencia na súa forma de tocar a guitarra, destacando que "literalmente cambiou o xeito no que miraba a música".[18] A banda tamén foi citada como unha influencia por Future of the Left (que foi descrita co alcume "Poundland Shellac"),[19] Kurt Ballou de Converge,[20] Mono,[21] Swing Kids,[22] Karin Dreijer de The Knife,[23] Gilla Band,[24][25] Black Country, New Road,[26] Jehnny Beth de Savages,[27] Silverchair,[28] My Disco,[29] Gengahr,[30] Dredg,[31] Suicide Dolls, Echo Is Your Love,[32] The Futureheads,[33] KEN Mode,[34] e Pile.[35]

Shellac foi homenaxeado cunha estrela no mural exterior do club nocturno First Avenue de Minneapolis,[36] en recoñecemento aos intérpretes que realizaron concertos con entradas esgotadas ou demostraron unha contribución importante á cultura no emblemático lugar.[37] Recibir unha estrela "pode ​​ser a honra pública máis prestixiosa que un artista pode recibir en Minneapolis", segundo o xornalista Steve Marsh.[38]

Shellac foi recoñecida como a "banda residente" dos festivais All Tomorrow's Parties (xa defunto) e Primavera Sound, que Albini viu como as excepcións ao seu desgusto xeral polos festivais de música por explotar a escena musical underground.[39] Shellac actuou en todas as edicións do Primavera Sound dende 2006, agás na de 2007. En 2018 o festival vendeu unha camiseta que puña "Shellac and 249 More" (Shellac e 249 máis) en referencia ao seu cartel.[40] Tras a morte de Albini o Primavera dixo nun comunicado en homenaxe, "E agora que imos facer sen ti, Steve? Despois de actuar en 15 edicións do festival, fáisenos moi difícil imaxinar un Primavera Sound sen el porque ningunha banda nos explica mellor que Shellac".[41]

Shellac en Galicia[editar | editar a fonte]

A banda tocou unicamente dúas veces en Galicia. A primeira delas foi o día 26 de maio de 2010 na sala Mondo Club de Vigo cos tamén estadounidenses Mission of Burma de abreconcertos. A segunda foi na Coruña o 6 de xuño de 2018 no Playa Club, cos franceses Decibelles abrindo a noite.[42]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
At Action Park 1994 Touch and Go
Terraform 1998 Touch and Go
1000 Hurts 2000 Touch and Go
Excellent Italian Greyhound 2007 Touch and Go
Dude Incredible 2014 Touch and Go
To All Trains 2024 Touch and Go

EPs[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
The Rude Gesture: A Pictorial History 1993 Touch and Go
Uranus 1993 Touch and Go
The Bird Is the Most Popular Finger 1994 Drag City

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Patterson, Spencer (14 de xuño de 2007). "Noise rock: Shellac" (en inglés). Las Vegas Weekly. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  2. Terich, Jeff (24 de abril de 2007). "The 90-Minute Guide: Post-Hardcore" (en inglés). Treblezine. Archived from the original on 04 de abril de 2011. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  3. "The softer side of Shellac’s Todd Trainer" (en inglés). Effects Bay. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  4. "Shellac y Mission of Burma actúan hoy en el Festival Sinsal". La Voz de Galicia. Consultado o 28 September 2018. 
  5. "Nightmare Before Christmas curated by Shellac Of North America". ATP. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  6. "Steve Albini says new Shellac LP is done". YouTube. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  7. "Shellac ‎- Dude Incredible". Discogs. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  8. "End Of An Era Part 2 curated by ATP & Loop". ATP. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  9. "Shellac Announce New Album of Unreleased Peel Sessions". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-05-01. 
  10. Strauss, Matthew (2024-03-20). "Shellac Announce First New Album in a Decade". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  11. "To All Trains, by Shellac". Shellac (en inglés). Consultado o 2024-05-17. 
  12. Monroe, Nina Corcoran,Jazz (2024-05-08). "Steve Albini, Storied Producer and Icon of the Rock Underground, Dies at 61". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  13. "Steve Albini Dead At 61". Stereogum (en inglés). 2024-05-08. Consultado o 2024-05-15. 
  14. "Album Review: KEN mode - Success". DrownedInSound (en inglés). 2015-06-15. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2023. Consultado o 2024-05-15. 
  15. "Shellac: Dude Incredible - album review. '10/10 For A Stunning Return'". Louder Than War (en inglés). 2014-09-15. Consultado o 2024-05-15. 
  16. "Shellac - Dude Incredible". Exclaim! (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  17. "Whores' Top 5 Noise-Rock Albums". Revolver (en inglés). 2013-10-07. Consultado o 2024-05-15. 
  18. "Interviews - Russian Circles". Scene Point Blank. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  19. "We Were Basically Abba: Andrew Falkous Of Mclusky Interviewed". The Quietus (en inglés). 2019-09-16. Consultado o 2024-05-15. 
  20. "Interview : Kurt Ballou (Converge)". Metalorgie (en francés). Consultado o 2024-05-15. 
  21. Cory, Ian. "Interview: Taka Goto (Mono)". Invisible Oranges - The Metal Blog (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  22. "Interview: Swing Kids Vocalist Justin Pearson Looks Back on Their Sound, Visual Aesthetic + More". www.noecho.net (en inglés). 2020-09-15. Consultado o 2024-05-15. 
  23. Hubbard, Michael (2007-01-12). "The Knife: "We are both a bit too romantic to stop doing melodies"". musicOMH (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  24. Cohan, Brad (2015-11-18). "Why a Group of All Dudes Named Themselves Girl Band". Vice (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  25. O'Toole, Lucy. "Gilla Band: "I never raise my voice to anyone, but I have this unique thing in my life where I get to shout my head off – and not get arrested because of it"". Hotpress. Consultado o 2024-05-15. 
  26. "Black Country, New Road 2021". Heartnoize Promotion (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  27. Pinnock, Tom (2020). My Life In Music - Jehnny Beth. Londres: Uncut. p. 118
  28. "Interview with Silverchair at the Bellevue Hotel in Philadelphia". Chairpage.com
  29. "Liam Andrews of My Disco". QRO Magazine (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  30. "Gengahr Interview at The Great Escape Festival". www.fstival.com. Consultado o 2024-05-15. 
  31. "An interview with dregd" (PDF). The Sanctuary of Rock. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  32. "Echo Is Your Love: Bring Down All The Barriers (Interview)" (en inglés). 2008-08-11. Consultado o 2024-05-15. 
  33. "Gimme Your Answers: An Interview w/ The Futureheads – Alicia Atout" (en inglés). 2013-02-11. Consultado o 2024-05-15. 
  34. "Album Review: KEN mode - Success". DrownedInSound (en inglés). 2015-06-15. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2023. Consultado o 2024-05-15. 
  35. "Pile: A Million Sweaty Punks Can’t Be Wrong". Spin. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  36. "The Stars". First Avenue (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  37. Bream, Jon. "10 things you'll learn about First Avenue in new Minnesota History Center show". Star Tribune. Consultado o 2024-05-15. 
  38. Marsh, Steve (2019-05-13). "First Avenue's Star Wall". Mpls.St.Paul Magazine (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  39. "Atp Announce Extra Acts For Last Ever Festival...Shellac And More!". Louder Than War (en inglés). 2013-08-30. Consultado o 2024-05-15. 
  40. "Seriously, Steve Albini is a really nice guy - a conversation about the important things in life". Loud And Quiet (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  41. Iorizzo, Ellie (2024-05-08). "US record producer and ‘punk legend’ Steve Albini dies aged 61". The Independent (en inglés). Consultado o 2024-05-15. 
  42. "La banda de culto Shellac actuará por segunda vez en Galicia el próximo miércoles". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2018-05-31. Consultado o 2024-05-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]