Río Tinto
Río Tinto | |
---|---|
País | España |
Nacemento | Serra de Padre Caro |
Altitude | 420 msmn |
Lonxitude | 98 km |
Conca | 793 km² |
Desembocadura | Océano Atlántico |
O Tinto é un pequeno río andaluz de España pertencente á vertente atlántica da Península Ibérica. A súa lonxitude é de aproximadamente 98 quilómetros.
Percorrido[editar | editar a fonte]
Circunscrito á provincia de Huelva, nace na Serra do Padre Caro, un dos cordais da Serra Morena, a 420 metros de altura, cerca de Nerva. Logo de atravesar as comarcas mineiras da provincia, desemboca entre a cidade de Huelva, na beira dereita, e Palos de la Frontera, na esquerda, onde se lle une o río Odiel, que vén pola dereita, conformando entre ambos os dous a denominada ría de Huelva. Próximo ao seu nacemento se sitúa o maior xacemento mineiro a ceo aberto de Europa, Corta Atalaya, que se vén explotando desde época romana.
Afluentes[editar | editar a fonte]
O afluente máis importante do Tinto é o río Nicoba, que se lle une pola man dereita, no tramo inferior do curso, que baña a poboación de Valverde del Camino. Entre os tributarios menores do Tinto pódense citar: Jarrama, Domingo Rubio, Corumbel, Casa de Valverde e Candón.
Localidades ás beiras[editar | editar a fonte]
Desde o nacemento á foz, localízanse ás beiras do Tinto as seguintes poboacións de certa importancia: Minas de Río Tinto, Nerva, Niebla, San Juan del Puerto, Moguer, Huelva e Palos de la Frontera. Cerca desta localidade érguese o famoso mosteiro de La Rábida, xunto co inmediatamente anterior, un dos lugares emblemáticos na vida de Cristovo Colón.
A área da conca do Tinto atinxe 793 km².
Particularidades hídricas[editar | editar a fonte]
As súas augas vermellas (que xustifican o nome de tinto) caracterízanse por un pH de 2.2 [Cómpre referencia], que evidencia unha elevada acidez, o que unido ao alto contido en metais e á escaseza de osíxeno, indican un medio nada favorábel para o desenvolvemento da vida. Porén, tense descuberto que desde antes da aparición do ser humano, nas súas augas especiais vivían microorganismos que se alimentaban tan só de minerais, adaptándose a condicións tan extremas. Por iso a NASA elixiu o río como un hábitat a investigar polas posíbeis similitudes co ambiente do planeta Marte.[Cómpre referencia]
Galería[editar | editar a fonte]
-
Rocas piríticas que tinxen o río
-
As augas vermellas do Tinto
-
Nacemento do río Tinto