Piers Gaveston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPiers Gaveston

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Pierre Gaveston Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1284 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Gascuña, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xuño de 1312 Editar o valor em Wikidata (27/28 anos)
Warwickshire (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio, decapitación Editar o valor em Wikidata
Lord Tenente de Irlanda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMargaret de Clare (1307 (Gregoriano)–)
FillosAmy de Gaveston (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Gaveston-1 Find a Grave: 17950767 Editar o valor em Wikidata

Piers Gaveston, nado arredor do 1284 e finado o 19 de xuño de 1312, foi un nobre inglés de orixe gascoa, conde de Cornualla e favorito do rei Eduardo II de Inglaterra.

Relación con Eduardo II[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Eduardo II de Inglaterra.

Sendo aínda moi novo causou boa impresión no rei Eduardo I de Inglaterra, e foi asignado á casa persoal do seu fillo, Eduardo de Caernarfon.[1] A relación entre o príncipe e Gaveston resultou tan extravagante que Eduardo I tivo que enviar a este último ao exilio,[2] aínda que puido regresar aos poucos meses trala morte do rei. Eduardo II restaurou o título de conde de Cornualla para Gaveston e arranxou o matrimonio deste coa a súa sobriña, Margaret de Clare, irmá do poderoso conde de Gloucester.

O acceso exclusivo de Gaveston ao rei supoñía unha provocación para varios membros da nobreza e, en 1307 o rei foi forzado a envialo de novo ao exilio. Durante a súa ausencia, Gaveston exerceu como Lugartenente do rei en Irlanda. Eduardo conseguiu chegar a un acordo coa oposición e Gaveston puido regresar o ano seguinte. Tralo seu regreso o seu comportamento pasou a ser máis ofensivo e levou a que nas Ordenanzas de 1311 os nobres acordaran exilialo de novo, declarándoo proscrito se regresaba ao país. Cando regresou en 1312, foi capturado e executado por un grupo de magnates dirixidos por Thomas de Lancaster e Guy de Beauchamp, conde de Warwick.

Segundo os cronistas medievais Eduardo II e Piers Gaveston mantiveron unha relación amorosa. Este rumor foi reforzado nas representacións de ambos na ficción, como por exemplo na obra do século XVI de Christopher Marlowe Edward II. A afirmación recibiu o apoio de varios historiadores modernos, mentres que algúns a cuestionan.[3][4][a] Segundo Pierre Chaplais, a relación entre ambos homes foi a dunha irmandade adoptiva, na que Gaveston servía como valido do rei. Outros historiadores, como J. S. Hamilton, suxeriron que a preocupación pola sexualidade dos dous homes, non estaba no centro das queixas da nobreza, senón que se entraban máis no acceso exclusivo de Gaveston ao padroado real.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Boswell foi o que puxo o principal argumento en favor da teoría de que Eduardo e Gaveston eran amantes. Jeffrey Hamilton suxeriu que a relación era sexual, pero que non era pública. O historiador Michael Prestwich decántase pola teoría de que Eduardo e Gaveston chegaron a un pacto de irmandade, pero cun "elemento sexual" tanto neste caso coma na relación de Eduardo con Despenser. Roy Haines se fai eco dos xuízos de Prestwich. Miri Rubin defende a teoría de que eran amigos, cunha "relación moi intensa". Seymour Phillips cre na teoría de que Eduardo vira a Gaveston como o seu irmán adoptivo.[5][6][7][8][9][10]
  1. Phillips 2011, pp. 96–97.
  2. Phillips 2011, pp. 112; 120–121.
  3. Ormrod 2006, p. 22.
  4. Haines 2003, pp. 20–21.
  5. Prestwich 2003, p. 72.
  6. Haines 2003, p. 374.
  7. Rubin 2006, p. 31.
  8. Phillips 2011, p. 102.
  9. Ormrod 2006, p. 23.
  10. Hamilton 2010, pp. 98–99.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.