Not the Actual Events
Not the Actual Events | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Nine Inch Nails | ||||
Publicado | 22 de decembro de 2016 | |||
Gravación | 2015-2016 | |||
Duración | 21:11 | |||
Xénero(s) | Rock industrial | |||
Selo(s) | The Null Corporation | |||
Producido por | Trent Reznor, Atticus Ross | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Not the Actual Events é o segundo EP e o décimo lanzamento oficial da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails, lanzado fisicamente o 23 de decembro de 2016, pero aqueles que o preordearan recibiron un enlace de descarga un día antes.[1] Este EP de Nine Inch Nails, o segundo despois de Broken, lanzado en 1992, marca a primeira aparición de Atticus Ross como membro oficial da banda.[2] Foi lanzado dixitalmente e en vinilo.
Antecedentes[editar | editar a fonte]
Nunha entrevista con Apple Music, Trent Reznor mencionou que comezou a "xogar con algunhas cousas" con respecto a un novo álbum de Nine Inch Nails, afirmando: "Non é un disco que estou a tratar de terminar nun mes. É máis simplemente sentirse na escuridade e ver o que soa interesante". En decembro de 2015, Reznor dixo que "Nine Inch Nails volverá en 2016".
En decembro de 2016, Reznor falou acerca das súas declaracións do regreso de Nine Inch Nails en 2016: "Esas palabras saíron da miña boca, verdade? Só agarden e vexan que pasa". Tres días despois Reznor anunciou a saída de Not the Actual Events, xunto con reedicións de lanzamentos anteriores de Nine Inch Nails.
Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]
Tódolos temas escritos e compostos por Trent Reznor e Atticus Ross.
N.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Branches/Bones" | 1:47 | |||||||
2. | "Dear World" | 4:07 | |||||||
3. | "She's Gone Away" | 6:00 | |||||||
4. | "The Idea of You" | 3:27 | |||||||
5. | "Burning Bright (Field on Fire)" | 5:50 | |||||||
21:11 |
Persoal[editar | editar a fonte]
Nine Inch Nails[editar | editar a fonte]
- Trent Reznor - Voz principal, composición
- Atticus Ross - Composición
Músicos Adicionais[editar | editar a fonte]
- Mariqueen Maandig - Coros ((pista 3))
- Dave Grohl - Batería ((pista 4))
- Dave Navarro - Guitarra ((pista 5))
Persoal Técnico[editar | editar a fonte]
- Tom Baker – Masterización
- John Crawford – Dirección de arte
- Corey Holms – Deseño adicional
- Chris Holmes – Enxeñeiro
- Dustin Mosley – Enxeñeiro
- Alan Moulder – Mesturador
- Jun Murakawa – Enxeñeiro
- Chris Richardson – Enxeñeiro
- Atticus Ross – Mesturador
Referencias[editar | editar a fonte]
- ↑ dod Magazine. "Nine Inch Nails anuncian EP: ‘Not the Actual Events’".
- ↑ Pablo Porcar para "Binaural". "Atticus Ross es el nuevo miembro de Nine Inch Nails".