Messiah é un EP da banda inglesa de metal industrialGodflesh. O EP foi orixinalmente gravado e mesturado en 1994 e foi editado de forma independente para os membros do club de fans do grupo o 5 de decembro de 2000 xunto con catro remesturas,[1] que foran creadas en 1995.[2] Despois de que Justin Broadrick disolvese Godflesh, reeditou o material a través do selo Relapse Records o 1 de abril de 2003.