Le Monde Musical
Le Monde musical foi unha revista musical fundada en Francia en 1889 polo fabricante de pianos Édouard Mangeot (1835-1898).
Auguste Mangeot, fillo do fundador, primo de Georges Dandelot e creador xunto con Alfred Cortot da École normale de musique de Paris, asumiu a dirección e foi tamén un dos críticos.[1][2]
A revista desapareceu ao principio da segunda guerra mundial.
Imaxes de Le Monde musical[editar | editar a fonte]
-
Retrato de Charles Mutin, Le Monde musical do 30 de xaneiro de 1895.
-
Primeira páxina do exemplar do 15 de xuño de 1898 co retrato do seu fundador Édouard Mangeot.
-
Retrato de Francis Planté na salle Érard publicado en 1902.
-
Ilustración do director Édouard Colonne no número da revista do 15 de xuño de 1905.
-
Retrato de Pierre Monteux, contra o 1911.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ musimem.com (ed.). "GEORGES DANDELOT (1895-1975)" (en francés).
- ↑ Biblioteca nacional de Francia (ed.). "Notice d'autorité personne. Auguste Mangeot" (en francés). Consultado o 11 de outubro de 2014.