Julio Prieto Martín
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Julio Prieto.
Julio Prieto | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Julio Prieto Martín | ||
Nacemento | 21 de novembro de 1960 (63 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Atlético de Madrid | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1979–1981 | Atlético de Madrid B | ||
1981–1987 | Atlético de Madrid | 166 | (11) |
1981 | → CD Castellón "Cedido" | 20 | (2) |
1987–1990 | Celta de Vigo | 107 | (19) |
1990–1991 | Atlético de Madrid | 12 | (0) |
1991–1993 | CP Mérida | 52 | (4) |
1991–1993 | Talavera CF | 35 | (5) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Julio Prieto Martín, nado o 21 de novembro de 1960 en Madrid é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formado nas categorías inferiores do Atlético de Madrid debutou co primeiro equipo en 1981, porén nun principio non tivo moita continuidade no equipo e foi cedido ao CD Castellón. Ao comezo da tempada 1987/88 foi finalmente traspasado ao Celta de Vigo, sendo o máximo goleador do equipo o ano do seu debut con oito tantos. Ao ano seguinte perdeu protagonismo trala chegada do dianteiro brasileiro Amarildo pero mantívose nas súas cifras goleadoras.
Deixou o equipo galego tralo descenso do mesmo á Segunda División en 1990, e tras dúas tempadas no CP Mérida retirouse xogando no Talavera CF.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Copa do Rei: 1985 e 1991.