Josep Mercader Bosch
Mercader | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Josep Mercader Bosch | ||
Nacemento | 6 de agosto de 1957 (66 anos) | ||
Lugar de nacemento | Vidreres | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
FC Barcelona | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1979-1980 | FC Barcelona B | 26 | (8) |
1980–1981 | → CE Sabadell "Cedido" | 37 | (7) |
1981-1986 | Celta de Vigo | 128 | (22) |
1986–1987 | Cartagena FC | 25 | (4) |
1987–1990 | Palamós CF | ||
1990–1992 | Girona FC | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Josep Mercader Bosch, nado en Vidreres (provincia de Xirona) o 6 de agosto de 1957, é un exfutbolista catalán que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, chegando a debutar co filial do equipo catalán. Porén, foi cedido unha tempada ao CE Sabadell e finalmente traspasado en 1981 ao Celta de Vigo de Segunda División. No equipo galego trascorreu a maior parte da súa carreira.
No seu primeiro ano tivo un papel protagonista na tempada que rematou co ascenso do equipo a Primeira División. Porén, xa a comezos do ano de regreso lesionouse xunto con outro dos puntais do equipo, o brasileiro Ademir, o que levou ao equipo de novo a Segunda División.
Ao ano seguinte convértese no máximo goleador do equipo pero non acada o ascenso, obxectivo que si que se conseguiu na tempada 1984/85. Porén, Mercader foi perdendo peso no equipo en favor doutros xogadores.
En 1986 fichou polo Cartagena FC e ao ano seguinte volveu a Cataluña fichando polo Palamós CF. Retirouse xogando no Girona FC.