José Echeveste
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1899 Irún, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 7 de decembro de 1982 (83 anos) Irún, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Echeveste Galfarsoro, nado o 19 de marzo de 1899 en Irún (Guipúscoa) e finado na mesma vila o 7 de decembro de 1982, foi un futbolista vasco que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa carreira futbolística transcorreu no Real Unión de Irún, onde militou oito tempadas. As súas boas actuacións levárono a ir convocado coa Selección de fútbol de España, coa que debutou o 30 de abril de 1922 ante Francia, con vitoria española por 4-0. En total xogou catro encontros coa selección.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "José Echeveste Galfarsoro". Selección española de fútbol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2021. Consultado o 10 de novembro de 2021.