Festa da ameixa do Carril
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/O_Carril%2C_Vilagarc%C3%ADa_de_Arousa.jpg/300px-O_Carril%2C_Vilagarc%C3%ADa_de_Arousa.jpg)
A festa da ameixa é unha festa gastronómica que se celebra desde 1992 no Carril (Vilagarcía de Arousa) na segunda quincena de agosto.
Está organizada pola confraría de pescadores da parroquia para dar a coñecer a ameixa. Nos anos 2000 e 2001 non se celebrou pola falta deste molusco por mor das condicións climatolóxicas.
Nas últimas edicións servíronse unhas 5.000 racións (sobre 1.800 kg) de ameixa de tres especies: babosa (que é a autóctona), rubia e xaponesa, acompañada de viño albariño[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Festa da Ameixa de Carril[Ligazón morta], na web O Salnés.