Fabián Orellana
Fabián Orellana | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Fabián Ariel Orellana Valenzuela | ||
Nacemento | 27 de xaneiro de 1986 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santiago de Chile | ||
Altura | 1.68 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Valladolid | ||
Carreira xuvenil | |||
Colo-Colo | |||
2000–2004 | Audax Italiano | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2009 | Audax Italiano | 117 | (27) |
2009–2011 | Udinese | 0 | (0) |
2009–2010 | → Xerez (cedido) | 26 | (2) |
2010–2011 | → Granada (cedido) | 35 | (7) |
2011–2013 | Granada | 17 | (0) |
2011–2012 | → Celta (cedido) | 37 | (13) |
2013–2017 | Celta de Vigo | 120 | (19) |
2017–2018 | Valencia | 0 | (0) |
2018 | → Eibar (cedido) | 17 | (3) |
2018–2020 | Eibar | 33 | (3) |
2020– | Valladolid | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2007– | Chile | 40 | (2) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 19 de maio de 2019. Selección: actualizado a 31 de agosto de 2017.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Fabián Ariel Orellana Valenzuela, nado en Santiago de Chile o 27 de xaneiro de 1986, é un futbolista chileno. Xoga de centrocampista para o Real Valladolid da Liga Santander.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores de Colo-Colo, porén foi descartado polon primeiro equipo a causa da súa baixa estatura, polo que ficha polo Audax Italiano. Co equipo chileno obtivo a primeira praza na fase regular do Campionato Clausura en 2007, o que lle valeu a clasificación para a Copa Libertadores para a seguinte tempada.
As súas boas actuacións espertaron o interese de varios equipos de América e Europa, fichando finalmente polo Udinese Calcio en 2009. Porén so chegou a disputar encontros amigábeis de pretempada, xa que foi cedido ao Xerez CD da Primeira División Española para a tempada 2009/2010[1] e ao Granada CF na 2010/11 para axudar ao equipo a ascender á máxima categoría.
Tras os bos resultados, xa que marcou goles decisivos para o ascenso do club, o Granada fichouno en propiedade. Porén as malas relacións co adestrador do equipo, Fabriciano González, fixeron que saíse cedido a outro equipo antes de comezar a tempada.
Na tempada 2011/12 chega cedido con opción de compra ao Celta de Vigo[2], por aquel entón en Segunda División. Debutou co equipo na primeira xornada, o 26 de outubro de 2011, e finalizou a tempada disputando 33 encontros con 13 tantos e 11 asistencias, colaborando no ascenso do equipo a Primeira División.
A pesar dos esforzos do Celta o alto prezo do xogador fixeron que volvese a Granada ao ano seguinte[3]. Porén o equipo vigués recuperariao no mercado de inverno, por un prezo de 1,2 millóns de euros e o 40% dunha futura venda.[4]
Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]
Foi convocado pola Selección de fútbol de Chile absoluta nas eliminatorias para o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 contra as seleccións de Arxentina e Perú trala lesión do titular Alexis Sánchez, porén non chegaría a debutar.
Pouco despois foi convocado por Marcelo Bielsa para formar parte da selección sub-23 que iría ao Torneo Esperanzas de Toulon, en Francia, onde a selección chilena rematou na segunda posición cunha grande actuación de Orellana.
O seu bo papel levouno a debutar finalmente coa Selección o 15 de outubro de 2008 ante Arxentina, marcando o gol do triunfo, a causa deste gol foi alcumado O histórico xa que era o primeiro triunfo na historia de Chile sobre Arxentina na fase previa dun Mundial. O 10 de outubro de 2010 tamén anota un dos goles da vitoria sobre Colombia, vitoria que clasificou a Chile para a Copa do Mundo.
En 2010 debutou nun Mundial de Fútbol disputando un encontro en Suráfrica 2010.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.marca.com/2009/08/29/futbol/equipos/xerez/1251574460.html
- ↑ http://www.marca.com/2011/08/29/futbol/equipos/celta/1314646254.html
- ↑ http://www.granadacf.es/index.php?seccion=leer_mas&ref=portada+&id_noticia=1052
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013. Consultado o 02 de febreiro de 2013.
- Nados en 1986
- Nados en Santiago de Chile
- Futbolistas de Chile
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Audax Italiano La Florida
- Xogadores do Udinese Calcio
- Xogadores do Xerez CD
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores da selección de fútbol de Chile
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas gañadores da Copa América