Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez
Gustavo Loureiro | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez | ||
Nacemento | 8 de setembro de 1964 (59 anos) | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Altura | 1,69 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
1973-1978 | Escuela Industrial de Río Blanco | ||
1978-1981 | Gondomar CF | ||
1981-1982 | Celta de Vigo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1982-1986 | Gran Peña | ||
1986-1989 | Celta de Vigo | 28 | (0) |
1989-1992 | Deportivo da Coruña | 35 | (0) |
1993-1995 | Gran Peña | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Eduardo Gustavo Loureiro Álvarez, nado o 8 de setembro de 1964 en Montevideo (Uruguai) é un exfutbolista uruguaio que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de emigrante galego con catorce anos volveu a Galicia, onde se formou e desenvolveu a súa carreira futbolística.
En 1989 fichou polo Deportivo da Coruña, na Segunda División. Foi titular habitual na súa primeira tempada, mentres que a segunda, a tempada do ascenso, pasouna en branco despois de romper a tibia contra o Bayern de Múnic no Teresa Herrera.[1] Na 1991/92 disputou só sete partidos de liga en Primeira, ademais doutros seis na Copa do Rei.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Especial". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de agosto de 1990. p. 35.