Conversa usuario:Mq9
Dámosche a benvida á Galipedia, Mq9!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo.--Breogan2008 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 11:20 (UTC)
A tartaruga mais grande do mundo[editar a fonte]
Boas Mq9, bendido á Galipedia. O artigo que creaches co título "A tartaruga mais grande do mundo" está marcado como artigo para borrar por varios motivos, o primeiro é o propio título, que non é axeitado, o contido non é enciclopédico nin se refire a unha especie ou especies concretas de tartaruga. Ademais, na Galipedia xa temos un excelente artigo titulado Tartaruga xigante das Galápagos. Antes de seguir a editar bótalle unha ollada ás seguintes guías de edición Wikipedia:Como comezar a colaborar, Wikipedia:Como escribir un bo artigo, Axuda:Como editar unha páxina ou Wikipedia:Libro de estilo para coñecer os patróns a seguir na construción e estrutura dos artigos. Asemade, bótalle outra ollada ás seguintes políticas fundamentais da Wikipedia: os cinco piares básicos e o que a Wikipedia é e o que non é. Se tes calquera dúbida, só tes que preguntar, moitas grazas.--Breogan2008 (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 11:26 (UTC)
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa[editar a fonte]
Ola Mq9. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
Graciñas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 25 de xaneiro de 2022 ás 13:32 (UTC)