Conversa usuario:Carballa13
Dámosche a benvida á Galipedia, Carballa13!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --MAGHOI (conversa) 13 de maio de 2024 ás 19:34 (UTC)
Lois Ladra[editar a fonte]
Ola, @Carballa13. Grazas por te animares a colaborar connosco na Galipedia. Estou repasando o artigo Lois Ladra porque ten algunhas grallas a corrixir dende o punto de vista do formato. Date de conta, que aquí, hai algunhas pautas de formato que hai que respectar para que os artigos sexan doados de entender e seguir por outros usuarios. Por iso, che puxen as ligazóns anteriores na Benvida, e estaría ben que lles botases un ollo. De tódolos xeitos, non te agobies porque se aprende rápido. En todo caso, se tiveses algún problema, non dubides en te poñer en contacto comigo ou con outros administradores ou usuarios. Ánimo e a lle dar duro. MAGHOI (conversa) 14 de maio de 2024 ás 10:30 (UTC)
- Moitas grazas polas recomendacións. Vou revisar as grallas para correxilas seguindo a formato...a ver se dou ca tecla. (: Carballa13 (conversa) 14 de maio de 2024 ás 13:48 (UTC)