Conversa Wikipedia:Política de protección
Votacións relacionadas: |
Nome[editar a fonte]
Esta páxina existe desde hai tantísimo tempo que foi esquecida e mesmo continua co título en inglés. Propoño como alternativa Wikipedia:Política de protección de páxinas... e haberá que elaborar unha, claro. --Xosé (✉) 18:50, 13 setembro 2007 (UTC)
- Concordo Lansbricae (Ti dirás) 19:45, 13 setembro 2007 (UTC)
- Concordo Ainda asi, o da elaboración de políticas non está a ter moito éxito, por agora non hai moita participación, debriamos abrir un proceso con prazos estabelecidos ou solicitar participacións, non credes? --Emilio juanatey 20:41, 13 setembro 2007 (UTC)
- Concordo O modelo da wiki española pareceme bastante bó para ter coma referencia, con páxinas protexidas por completo e outras semiprotexidas. --BaNjO(tell me) 20:43, 13 setembro 2007 (UTC)
- Concordo con Xose e máis con Emilio Juanatey, algo hai que facer. Quizais servise que algún administrador fose marcando o ritmo, por exemplo, esta semana traballamos na política x, e así todos os que queiramos nos poñemos a iso, tratar de darlle vidiña. Alma 21:23, 13 setembro 2007 (UTC)
Nova política[editar a fonte]
Elaborei o texto actual da páxina para aumentar as nosas políticas con esta sobre as proteccións. Abro a veda para que comentedes os aspectos que vexades necesario mellorar, cambiar, refacer ou engadir. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:49, 25 de febreiro de 2011 (UTC)
Segundo entendín estase falando aquí de dous cousas diferentes. Por unha banda explícanse os tipos de protección posibles dende o punto de vista de quen pode editar un artigo que ten un tipo de protección concreto; por outra banda fálase dos tipos de protección posibles dende o punto de vista de que cousas impide facer cada unha. Creo que sería bo explicalo así, se é que non estou errado: sería algo así como "Quen pode (ou non pode) editar" e "Que se pode (ou non se pode) facer". Polo demais paréceme moi ben o texto, eu estou de acordo co que di. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:38, 20 de marzo de 2011 (UTC)
- Creo que non acabo de entender completamente o que apuntas. Podes concretar un chisquiño, porfa :P --Toliño Fala aquí comigo 15:14, 14 de abril de 2011 (UTC)
Comentarios sobre a páxina[editar a fonte]
Logo de varios meses estancada, gustaríame retomar esta páxina para convertela en política oficial. Pero antes, sempre está ben ver os comentarios que tedes ao respecto sobre a redacción. Dicide os aspectos que cómpre eliminar, reelaborar, reestruturar, engadir ou o que sexa. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:00, 17 de outubro de 2011 (UTC)
- Intentareino unha vez máis, logo. Supoño que terei que deixar unha mensaxe na Taberna para que vos decatedes disto :) --Toliño Fala aquí comigo 18:09, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
- Encántame, bo traballo! --. HombreDHojalata.conversa 23:02, 13 de marzo de 2012 (UTC)
- Non entendo qué pode significar "transcluír", nin creo que tal palabra exista. Tampouco entendo que un dos motivos habituais da necesidade de protexer unha páxina se deba a que "que sexa unha páxina moi visitada". No resto, plenamente de acordo. Pedro --Lameiro (conversa) 16:03, 15 de xuño de 2012 (UTC)
- "transcluír" é a tradución do inglés "transclude". É mera terminoloxía informática, de aí que posiblemente non exista tal palabra. Podes atopar información noutras wikipedias sobre o concepto de transclusión. Basicamente é algo coñecido para os que traballamos no wiki: ao escribir nunha páxina o código
{{Lixo}}
o contido da páxina Modelo:Lixo transclúese naquela páxina na que se engade o texto. E sobre o outro que apuntas: que sexa a páxina máis visitada e visible do wiki é o motivo polo que temos protexida indefinidamente a nosa Portada. Simplemente é iso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:42, 17 de xuño de 2012 (UTC)