Conversa:Vera Zasulich
Este artigo foi elixido como un artigo de calidade o día 14/3/2017, o que significa que foi considerado como un dos mellores traballos da Galipedia cumprindo os requisitos pertinentes ( ). A votación que deu como resultado este destaque atópase na seguinte páxina. |
Esta páxina incorpora texto traducido da páxina "Vera Zasúlich" da Wikipedia en castelán, especificamente na súa versión do día 9 de febreiro de 2017, publicada baixo a licenza Creative Commons Compartir Igual 3.0. Consulta o historial da páxina orixinal para unha lista dos autores. |
Este artigo é parte do Wikiproxecto Rusia, que ten por obxectivo crear, mellorar, manter, actualizar e ampliar tódolos artigos relativos a Rusia concordando cos estándares e normas da Galipedia. Consulta a páxina do proxecto para máis información. Nota:Artigo de calidade Avaliado con Nota:Artigo de calidade segundo a escala de calidade. Importancia:Baixa Considerado de Importancia:Baixa segundo a escala de importancia. |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Dúbidas[editar a fonte]
o cuarto descendente (desexaría atopar outra forma que fose máis acorde con http://www.exeria.net/); decatouse (non me convence moito neste contexto); premendo (non me convence moito neste contexto); Cinco días máis tarde e grazas á axuda de certos membros de Zemlia i Volia, alcanzou Suíza (na orde temporal xa estaba en Suíza) Unhanova (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 10:12 (UTC)
- Unhanova xusto ao de descentente estiven dándolle voltas cando traducín a frase. O orixinal é Era el cuarto vástago...' máis non me soa que exista en galego vástago e a posible tradución era Era a cuarta filla, que se cadra podería ser mellor. Ti que suxires?
- O mesmo pasa con decatouse, en castelán sería se enteró pero enterouse non existe en galego (creo).
- premendo -> substituíno por oprimindo ao xuíz.
- Cinco días máis tarde e grazas á axuda de certos membros de Zemlia i Volia, alcanzou Suíza (na orde temporal xa estaba en Suíza) -> non estaba aínda en Suíza, alí chegou cinco días máis tarde do momento da súa partida de Rusia a finais de maio, é dicir, na frase anterior explica onde vai a instalarse e na que comentas cando chegou a Suíza. --AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 18:02 (UTC)
- A cuarta filla ten o problema de que dá a entender que todas eran mulleres. Polo que conta a biografía, si eran polo menos tres das catro crianzas que foron. Quizais sería mellor a cuarta descendente?
- Decatarse é que semella que advertiu algo por medio dos sentidos, non por unha información. Podería cambiarse por soubo?
- O de Suíza é porque cando conta onde se instalou, en Suíza, xa semella a acción rematada, queda raro que logo se explique a viaxe. Quedaría mellor explicado "A finais de maio, abandonou Rusia para instalarse en Suíza acompañada dun veterano revolucionario.[40] A viaxe levoulles cinco días e fixérona grazas á axuda de certos membros de Zemlia i Volia."? Unhanova (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 08:28 (UTC)
- @Unhanova: perdoa non vira a túa mensaxe. Parecenme ben os cambios que suxires. Se podes cambialo adiante. Se non xa o farei eu, se me lembro :) --AMPERIO (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 23:17 (UTC)
Baron (1966)?[editar a fonte]
Hai sete notas que fan referencia a un libro de Baron de 1966, pero na bibliografía o que é de Baron é de 1954. Onde está o erro? nas notas ou na bibliografía? --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2017 ás 22:16 (UTC)
- @HombreDHojalata: Feito!, non sei por que quedou un libro da bibliografía esquecido. --AMPERIO (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 19:57 (UTC)
- Engadiuno o redactor do artigo orixinal, Usuario:Rowanwindwhistler, recentemente. Pedinlle eu que o aclarase. En es:Vera Zasúlich tamén mudou o formato de tódalas notas, de ligazón interna á sección de bibliografía a {{Sfn}}. Nós deberiamos facer o propio. --. HombreDHojalata.conversa 21 de marzo de 2017 ás 21:57 (UTC)
- @HombreDHojalata: Feito! o das referencias. --AMPERIO (conversa) 8 de febreiro de 2018 ás 10:58 (UTC)
- Engadiuno o redactor do artigo orixinal, Usuario:Rowanwindwhistler, recentemente. Pedinlle eu que o aclarase. En es:Vera Zasúlich tamén mudou o formato de tódalas notas, de ligazón interna á sección de bibliografía a {{Sfn}}. Nós deberiamos facer o propio. --. HombreDHojalata.conversa 21 de marzo de 2017 ás 21:57 (UTC)