Conversa:Eugenia Osterberger
Este artigo foi elixido como un artigo de calidade o día 24 de marzo de 2018, o que significa que foi considerado como un dos mellores traballos da Galipedia cumprindo os requisitos pertinentes ( ). A votación que deu como resultado este destaque atópase na seguinte páxina. |
Este artigo foi elixido como un artigo destacado sobre Galicia na portada. A proposta e votación correspondente atópase nesta páxina. |
Este artigo é de interese do wikiproxecto "galegas". |
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Posible obra de Eugenia que non vexo nas entradas, por se é de interese xa que está dixitalizada[editar a fonte]
Pois iso, teño problemas para vela no visor, a ligazón na BNE é http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000157988
Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 21:38 (UTC)
- Creo que ese documento é moi interesante Maria zaos, a ver se Piquito, que fixo o artigo, sabe mellor onde engadir esa información porque eu deste tema non sei nin papa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 23:11 (UTC)
- Na mesma web está Falas de nai : melodía gallega letra del Marqués de Figueroa ; música de E. Saunier. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 23:12 (UTC)
- Outra cousiña, esa que indica Elisardo vén da dixitalización da nacional tamén. Problema: a diferencia da BNF e contra todo tipo de explicación (non vou criticar como vai o tema de mal en España neste sentido) estas dúas non se poderían subir ao Commons por teñen licencia NC-SA. Por se acaso. As da BNF si están en dominio público (e iso que son máis vellas, en fin)Saúdos --Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 23:31 (UTC)
- É igual o que digan na web Maria zaos, se son dixitalizacións do orixinal e o orixinal é tan vello que xa non ten dereitos de autor, están en Domino Público porque o escaneado de libros non xera novos dereitos xa que non engade ningún elemento orixinal, é unha simple reprodución, con maior ou menor calidade, dunha obra en DP. O que poñan na web é irrelevante porque é incorrecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 23:52 (UTC)
- Totalmente de acordo User:Elisardojm, pero como os datos están enlazados(non só está esta licenza na BNE, senón en Europeana, etc.), pensei que daría problemas, e como eu son especialista en que me tiren cousas do commons ;)...--Maria zaos (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 00:01 (UTC)
- Elisardojm, preciso tempo para ver todo o documento. Eu vou moi xusto de francés e preciso moito tempo para poder entender todo o que di, ou mesmo tería que recurrir a alguén para non eternizarme co tema. Sobre a obra de Osterberger, todo está en dominio público, é dicir, á hora de interpretar a súa música non ten ningún cánon, podes interpretala libremente sen dar explicacións, outra cousa é a reprodución das partituras editadas, que non sei como vai, pero manuscritos dela sen ningún tipo de problema. Grazas Maria zaos por ligar o documento, ten moi boa pinta, mágoa que o texto dixitalizado non se lea facilmente. Saúdos! Piquito (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 00:33 (UTC)
- Eu de francés non sei nin papa, así que con iso non che podo botar unha man, síntoo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 09:44 (UTC)
- Elisardojm, preciso tempo para ver todo o documento. Eu vou moi xusto de francés e preciso moito tempo para poder entender todo o que di, ou mesmo tería que recurrir a alguén para non eternizarme co tema. Sobre a obra de Osterberger, todo está en dominio público, é dicir, á hora de interpretar a súa música non ten ningún cánon, podes interpretala libremente sen dar explicacións, outra cousa é a reprodución das partituras editadas, que non sei como vai, pero manuscritos dela sen ningún tipo de problema. Grazas Maria zaos por ligar o documento, ten moi boa pinta, mágoa que o texto dixitalizado non se lea facilmente. Saúdos! Piquito (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 00:33 (UTC)
Roca[editar a fonte]
Piquito, no apartado obras para piano só aparece o texto "xiro e movemento continuo da roca", supoño que ese roca será a roca de fiar, non? Xa engadín esa ligazón, se non é así, desfago a edición... Saúdos,—o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversa • contribucións) 6 de marzo de 2018 ás 10:49