Conversa:Dengue (enfermidade)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Derramos de plasma[editar a fonte]

Aínda que leakage pode traducirse por derramo en moitos contextos, aquí talvez sería mellor buscar outra palabra. Non se trata de que os vasos sanguíneos rompan e haxa unha hemorraxia con derramo de sangue (o plasma só non se podería derramar nese caso), senón que o que ocorre é que hai un aumento da permeabilidade dos capilares co conseguinte aumento de filtración de plasma (extravasación) polas paredes dos capilares, de tal maneira que se producen edemas e acumulacións de líquido (de plasma) en determinadas partes do corpo, á vez que hai menos líquido no sangue, creando problemas de circulación e posibles coagulacións no sangue que permanece nos vasos. Nesta filtración só pasa o líquido do plasma (auga con substancias disoltas) e algunhas proteínas, pero non saen as células sanguíneas nin a maioría das proteínas. Que os capilares filtren plasma é algo normal (xa están os vasos linfáticos para drenar ese líquido e que non se acumule), pero en casos patolóxicos esta filtración aumenta moito e non se pode drenar eficazmente. Derramo utilízase en "derramo cerebral", pero iso é esencialmente unha hemorraxia cerebral e derramo úsase maiormente para falar de hemorraxias sanguíneas ou de derramos de líquidos completos (non dunha parte filtrada do líquido). En consecuencia quizais sería mellor poñer en vez de derramo de plasma filtración ou extravasación (na wiki portuguesa puxeron extravasamento). Por outra parte, o dengue tamén pode producir hemorraxias, pero non é iso do que se está a tratar cando se fala desta filtración de plasma.--Miguelferig (conversa) 27 de decembro de 2017 ás 19:14 (UTC)[responder]

Feito! Feito! "derramo" -> "extravasación" nos casos do plasma. Banjo tell me 27 de decembro de 2017 ás 19:20 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (marzo 2020)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Dengue (enfermidade). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de marzo de 2020 ás 05:18 (UTC)[responder]