Charles Fourier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCharles Fourier

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) François Marie Charles Fourier Editar o valor em Wikidata
7 de abril de 1772 Editar o valor em Wikidata
Besançon, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1837 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFourierismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , filósofo , sociólogo , escritor Editar o valor em Wikidata
MovementoSocialismo utópico Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Fourier-21 Find a Grave: 6349 Editar o valor em Wikidata
Charles Fourier.

François Marie Charles Fourier, nado en Besançon o 7 de abril de 1772 e finado en París o 10 de outubro de 1837, foi un socialista utópico francés, un dos pais do cooperativismo. Entre 1830 e 1850 numerosas comunidades utópicas viron a luz fundamentadas nos seus escritos.

Dereitos das mulleres[editar | editar a fonte]

Representantes do socialismo utópico como Henri de Saint Simon e Fourier ocupáronse da situación das mulleres e o recoñecemento dos seus dereitos en contraste con outros socialistas da súa época como Proudhon que non foron simpatizantes do feminismo.[1] No seu proxecto dunha sociedade socialista xusta e feliz incluían ao seu modo a emancipación da muller por medio do que debía ser a emancipación total da sociedade. Fourier pretendía liberar de represións a natureza humana e vivir máis de acordo ao propio pracer. Entre as ideas que expuxo nas súas obras que na actualidade resultan válidas está a defensa de que cada cal elixa o seu traballo segundo a súa vocación.[1]Consideraba que as profesións importantes debían estar abertas ás mulleres e que a selección debía realizarse en función de habilidade e capacidade das persoas e non en razón do sexo. Falaba das mulleres como individuos e non como a metade dunha parella. De Fourier é a soada frase de que a situación das mulleres é un indicador do nivel de civilización da sociedade. Escribiu Flora Tristan parafraseando a Fourier: “Obsérvase que o nivel de civilización a que chegaron diversas sociedades humanas está en proporción á independencia de que gozan as mulleres".[2]Consideraba que o matrimonio "tradicional" podía lesionar os dereitos das mulleres como seres humanos e nunca casou. Doutra banda recoñecía que homes e mulleres teñen unha ampla gama de necesidades e preferencias sexuais que poden cambiar ao longo da súa vida incluíndo a sexualidade entre persoas do mesmo sexo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Sau, Victoria (2000). Diccionario ideológico feminista (en castelán). Icaria Editorial. ISBN 978-84-7426-072-4. 
  2. "ONIC - Flora Tristán, aventurera y revolucionaria del siglo XIX". ONIC (en castelán). 2017-12-18. Consultado o 2024-05-18. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.