BC Nokia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BC Nokia
Información xeral
Liga Korisliiga
Fundación 1997
Cores           Amarelo, negro
Director Nina Koskinen
Adestrador Greg Gibson
Patrocinador Honka
Vestimenta PUMA
Localización
Cidade Finlandia Nokia, Finlandia
Pavillón Harjuniityn liikuntahalli
Capacidade 707-750
Inauguración 2016
Campionatos
Korisliiga 2024
bcnokia.fi

O Basketball Club Nokia ou BC Nokia é un equipo de baloncesto da cidade de Nokia, Finlandia. O equipo foi fundado en 1997 e na tempada 2023-24 compite na máxima categoría do baloncesto finlandés, a Korisliiga. En 2024 chegou o maior fito na historia do equipo logo de proclamarse campión da Korisliiga ao derrotar no sétimo partido das finais aos Helsinki Seagulls.[1]

Pavillón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Harjuniityn liikuntahalli.

Durante a tempada 2023-24 BC Nokia xoga os seus partidos como local no Harjuniityn liikuntahalli mentres se constrúe un novo pavillón en Kankaantaankatu. O pavillón foi inaugurado en 2016 e ten capacidade para 707 persoas sentadas, cun aforo máximo de 750 persoas.[2][3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campión: 2024
Medalla de bronce: 2016
Finalista: 2024

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "BC Nokia teki historiaa: seura saavutti ensimmäisen Korisliiga-mestaruutensa yhden pisteen trillerissä!" (en finés). basket.fi. 24 de maio de 2024. Consultado o 25 de maio de 2024. 
  2. "Harjuniityn liikuntahalli" (en finés). Cidade de Nokia. Consultado o 15 de maio de 2024. 
  3. Hyyryläinen, Jaana (4 de agosto de 2024). "Harjuniityn halli alkaa olla valmiina koriskauteen, puitteet keräävät BC Nokian valmennuskaksikolta kiitosta – Katso kuvat!". Nokian Uutiset (en finés). Consultado o 15 de maio de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]