Avelino Ponte Caride
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Vigo, España |
Morte | 29 de xuño de 2011 (95/96 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Avelino Ponte Caride, nado en 1915 en Vigo e finado o 29 de xuño de 2011 na mesma cidade[1].
Desempeñou a presidencia do Celta de Vigo durante dúas tempadas do 1948 ao 1950, sendo substituído no cargo por Faustino Álvarez Álvarez. Chegou á máxima responsabilidade do club trala derrota ante o Sevilla FC na final da Copa do Xeneralísimo disputada o 4 de xullo de 1948[2].
A el lle correspondeu reformar o equipo trala marcha dos principais xogadores do club despois da derrota copeira, como a de Pahiño e Miguel Muñoz ao Real Madrid. Nesta labor contou coa colaboración de Luís Casas Pasarín que substituíu como adestrador a Ricardo Zamora.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 17 de novembro de 2012.
- ↑ http://www.farodevigo.es/deportes/2011/06/30/fallece-avelino-ponte-expresidente-celtico-cuarenta/559087.html?utm_source=rss