Armindo Pintos Crespo
Pintos | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Armindo Pintos Crespo | ||
Nacemento | 6 de febreiro de 1940 | ||
Lugar de nacemento | O Porriño | ||
Falecemento | 1 de setembro de 2020 | ||
Lugar de falecemento | Vigo | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Zeltia Porriño | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1959–1966 | Celta de Vigo | 178 | (23) |
1966–1967 | RCD Espanyol | 1 | (0) |
1967–1968 | Gimnástica de Torrelavega | 21 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Armindo Pintos Crespo[1] nado no Porriño o 6 de febreiro de 1940 e finado en Vigo o 1 de setembro de 2020,[2][3] foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de extremo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar no Zeltia Deportivo, un club da súa vila natal, fichou polo Celta de Vigo a comezos do ano 1959 como máis xogadores, nun intento da directiva de non descender esa tempada a Segunda División, non conseguiron o obxectivo pero Pintos fíxose cun sitio no equipo.
Militou oito tempadas no Celta, todas elas excepto a primeira na Segunda División, a pesar de que o equipo rozou o ascenso en varias ocasións. A súa mellor tempada como céltico foi a 1964/65, na que foi, xunto con Téllez e Goyarán, o máximo goleador do equipo con 6 goles.
Antes do comezo da tempada 1966/67 chegou a un acordo co club para rescindir o seu contrato e fichou polo RCD Espanyol co que tiña a oportunidade de volver xogar en Primeira División, porén so disputou un encontro co equipo catalán. A final de tempada fichou polo Gimnástica de Torrelavega.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tamén escrito Hermindo ou Hermino.
- ↑ "Fallece el excéltico Hermindo Pintos". La Voz de Galicia. 3 de setembro de 2020.
- ↑ "Fallece a los 80 años el excéltico Hermino Pintos". Faro de Vigo. 4 de setembro de 2020.