Antonio Martínez Sánchez
Mori | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Antonio Martínez Sánchez | ||
Nacemento | 15 de decembro de 1951 (72 anos) | ||
Lugar de nacemento | Barbate | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1969-1971 | Atlético Malagueño | ||
1970–1972 | CD Málaga | 13 | (2) |
1972–1973 | CD San Fernando | 23 | (7) |
1973-1975 | Cádiz CF | 25 | (5) |
1975-1976 | Cacereño | (14) | |
1976-1984 | Celta de Vigo | 223 | (42) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Antonio Martínez Sánchez, nado en Barbate (Cádiz) o 15 de decembro de 1951, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar no Atlético Malagueño, filial do CD Málaga, debutando co primeiro equipo na tempada 1970/71 en Primeira División. En 1972 fichou polo CD San Fernando e un ano despois polo Cádiz CF.
No verán de 1975 fichou polo Cacereño, porén antes de que rematara a tempada 1975/76 fichouno o Celta de Vigo para xogar en Segunda División. Esa tempada do seu debut significaría o ascenso do club galego a Primeira División. Militou no Celta nove tempadas, nas que xogou en tres categorías diferentes, Primeira, Segunda e Segunda B durante a tempada 1980/81, pero foi un fixo no equipo titular durante todos eses anos e para tódolos técnicos.
Durante a súa carreira foi internacional coa Selección de fútbol de España en categoría xuvenil, sub-21 e olímpica.