Alejandro López Sánchez
Álex López | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Alejandro López Sánchez | ||
Nacemento | 11 de xaneiro de 1988 (36 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ferrol | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Racing de Ferrol | ||
Número | 8 | ||
Carreira xuvenil | |||
Horreo | |||
1999–2000 | Racing San Pedro CF | ||
2000–2002 | San Rosendo CF | ||
2002–2005 | Racing de Ferrol | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2007 | Racing de Ferrol | 5 | (0) |
2005–2006 | → O Val (cedido) | ||
2007–2009 | Narón | 12 | (4) |
2009–2010 | Celta de Vigo B | 36 | (13) |
2009–2017 | Celta de Vigo | 163 | (17) |
2015–2016 | → Sheffield Wednesday FC (cedido) | 24 | (0) |
2016–2017 | → Valladolid (cedido) | 30 | (1) |
2017–2018 | Sporting de Gijón | 11 | (0) |
2018–2019 | Brisbane Roar | 25 | (3) |
2019– | Racing de Ferrol | 96 | (7) |
Selección nacional | |||
2004 | España sub-16 | 1 | (0) |
2005 | España sub-17 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 15 de abril de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Alejandro "Álex" López Sánchez, nado en Ferrol o 11 de xaneiro de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Racing de Ferrol da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores do Racing de Ferrol e debutou co primeiro equipo con só 15 anos, nun partido ante o Deportivo da Coruña no Trofeo Concepción Arenal de 2003.[1] O seu debut en partido oficial produciuse o 15 de maio de 2005, nun partido da Segunda División.[2] Con tan só dezasete anos, Álex substituíu o seu compañeiro Cyril Granon no minuto 78 do partido que enfrontaba os ferroláns contra o Club Deportivo Tenerife, e que se saldou cun empate a dous tantos.
Pola falta de oportunidades no Racing, decidiu buscar outros equipos nos que demostrar as súas posibilidades. Así, tras lograr a carta de liberdade, no mercado de inverno da tempada 2006/07 asinou polo Narón Balompé da Terceira División. Tras tres campañas nesta categoría, os seus numerosos goles espertaron o interese do Celta de Vigo, polo que o 3 de xuño de 2009, e tras unha dura pugna entre o o club vigués e o Racing de Ferrol, confirmouse finalmente a súa fichaxe polo club celeste[3].
Tras pasar uns meses no filial celeste, o 9 de xaneiro de 2010 é convocado por Eusebio Sacristán para o duelo que o Celta disputou contra o Nàstic de Tarragona[4]. Con todo, non chegou a xogar ningún minuto, e o seu debut como membro do primeiro equipo viuse aprazado ata o día 13 de xuño de 2010, no partido que enfrontaba o Celta de Vigo contra a Real Sociedad.
No verán de 2019 regresou á súa cidade natal para formar de novo no Racing de Ferrol.
Clubs[editar | editar a fonte]
Ano | Club | División | Encontros | Goles |
---|---|---|---|---|
2004-2005 | Racing de Ferrol | Segunda | 2 | 0 |
2005-2006 | SD O Val (cedido) | Terceira | ||
2006-2007 | Racing de Ferrol | Segunda B | 3 | 0 |
2007-2008 | Narón BP | Terceira | ||
2008-2009 | Narón BP | Terceira | ||
2009-2010 | Celta de Vigo B | Segunda B | 36 | 13 |
2009-2010 | Celta de Vigo | Segunda | 2 | 0 |
2010-2011 | Celta de Vigo | Segunda | 35 | 3 |
2011-2012 | Celta de Vigo | Segunda | 36 | 6 |
2012-2013 | Celta de Vigo | Primeira | 33 | 2 |
2013-2014 | Celta de Vigo | Primeira | 31 | 5 |
2014-2015 | Celta de Vigo | Primeira | 25 | 1 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Álex López y el recuerdo de su debut con 15 años ante el Deportivo en un Concepción Arenal" (en castelán). 12 de abril de 2023. Consultado o 15 de abril de 2023.
- ↑ "O Racing fixo debutar a Álex López con 17 anos.". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xullo de 2010.
- ↑ Álex López pecha a puerta ao Racing
- ↑ Álex López: "Debutar marcando sería un soño"
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1988
- Nados en Ferrol
- Futbolistas de Ferrol
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Racing de Ferrol
- Xogadores da SD O Val
- Xogadores do Narón Balompé
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Sheffield Wednesday FC
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do Sporting de Gijón
- Xogadores do Brisbane Roar FC
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-17